Incidencias 21O: Trapalladas, carretaxes, etc (actualizaremos frecuentemente)

Incidencias que están a ocorrer na campaña en Ourense. Se detectades irregularidades podedes mandarnos un aviso a este correo: age.ourense@gmail.com tamén a traverso dos comentarios deste mesmo artigo:

  • Un autobús coa propaganda o PP permaneceu apartacado diante dunha mesa electoral en Esgos
  • Carretan 300 residentes da Residencia de Rairo para que voten na mesa electoral. Xente con alzheimer avanzado é carretada, persoas que non saben o seu propio nome son carretadas por monxas no transporte adaptado da Xunta de Galiza… E votan! A quen? Adivinen…
  • Interventores do PP impiden exercer de apoderados a persoas de AGE debidamente acreditadas. Presiounou e coaccionou aos membros da mesa para que non puideran actuar. Procedeuse a denunciar ao individuo, interventor do PP, que pretendía tal ilegalidade.
  • Falta de papeletas da AGE en varias mesas electorais
  • Sobres de votación que conteñen papeletas do PP para provocar o voto nulo na mesa de Santa Mariña do Monte
  • Sobres de votación que conteñen papeletas do PP para provocar o voto nulo na mesa da Consellaría de Sanidade da Avenida de Zamora en Ourense
  • Acarrexamento en Ramirás. Novo autobús fletado polo PP para trasladar anciáns dun asilo á mesa electoral
  • Autobús para carretar á xente en Baños de Molgas posto polo Concello de Molgas gobernado polo PP
  • Carretaxe no asilo do Carballiño. Ancíans conducidos a votar
  • Falta de papeletas da AGE na mesa de Eiroás

O pase de diapositivas require JavaScript.

3 comentarios en “Incidencias 21O: Trapalladas, carretaxes, etc (actualizaremos frecuentemente)

Deixar un comentario