Tarxeta OU

E se llo poñemos fácil á xente?

A tarxeta OU é un medio para facilitar a identificación d@s veciñ@|s de Ourense ante a administración local e nas súas instalacións así como para simplificar trámites en determinados servizos dependentes do Concello

Obxectivos:

  • Referendos telemáticos
  • Que serva de carné identificativo de cidadáns empadroados en Ourense e con pago de impostos na cidade.
  • Que sexa un carné identificativo ÚNICO en acceso a servizos municipais: bibliotecas, escolas municipais, piscinas, recintos deportivos, eventos organizados polo Concello, termas, pavillón etc, con descontos para as persoas empadroadas na nosa cidade e información actualizada sobre cultura, deportes e eventos.
  • Que se poida empregar para o transporte público: autobús e taxis, acurtando colas e cargas das tarxetas.
  • Que a súa implantación sexa progresiva no acceso a outros servizos municipais: trámites online, presentación telemática de documentos, certificacións e trámites do Concello, etc.

Este modelo de tarxeta intelixente (Smart Card) que simplifica e unifica a identificación e trámites coa administración para as persoas empadroadas en Ourense xa existe e funciona con éxito en cidades coma Zaragoza, Donosti ou Gijón.

Desde Anova Irmandade Nacionalista consideramos que esta sinxela tarxeta intelixente pode axudar, facilitar e simplificar a vida das nosas veciñas e veciños. Se noutras cidades funciona con éxito, porqué en Ourense non?

E se llo poñemos fácil á xente?

 Tarxeta OU web

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s