Nova porta xiratoria no PPdG

Marisol Díaz Mouteira preséntase de nº 1 na candidatura do Partido Popular por Ourense e cesa ao mes de tomar posesión De confirmárense as informacións sobre os nomeamentos de secretarias/os xerais e delegadas/os territoriais prevista para mañá xoves no Consello da Xunta, o Presidente Alberto Núñez Feijóo nomeará a Marisol Díaz Mouteira como delegada territorial na nosa provincia.

De ser así, desde Anova Ourense consideramos que este nomeamento é unha absoluta fallade respecto ás/aos votantes xa que Marisol foi a cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Ourense e deputada desde hai menos dun mes.

A que foi a grande aposta de Feijóo pola provincia de Ourense non vai exercer o cargo co que se comprometeu nin 30 días, xa que o Parlamento Galego foi constituido o 21 de outubro e segundo parece, deixará nos próximos días o seu escano de deputada.

Desde Anova Ourense consideramos que non se lle pode tomar o pelo á cidadanía desfacendo a vontade popular que democraticamente decidiu o cargo que tiña que exercer Marisol Díaz Mouteira e non se pode empregar a administración de todas e todos como porta xiratoria para satisfacer os antollos, compromisos, promesas electorais e personalismos dos cargos do PP.

O PP sáltase desta forma a inelixibilidade como deputados das delegadas e delegados territoriais da Xunta de Galiza que estabelece a lei electoral galega facendo que cesen para buscar que lle rentúen os votos dun cargo que non se podería presentar para, inmediatamente, volvelo a nomear.

A hipocrisía demostrada polo PP é inmensa. Cesan como delegada territorial a Marisol para que non fora inelixíbel no Parlamento Galego un mes antes das eleccións. Preséntase como cabeza de lista da provincia e, agora que é deputada dimitiría para volver ao mesmo posto do que cesara tres meses antes.

O PP de Feijoo está constantemente bordeando a lei con estas actitudes. A este exemplo súmase o recente fichaxe da exconselleira Marta Currás por unha consultora despois de pilotar o desatino da fusión das caixas galegas. A vontade do pobo á hora de escoller os seus representantes ten que ser respectada e non utilizar as designacións de cargos a dedo para remiar ou castigar aos membros do PP ou para burlar a Lei electoral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s