Auria Aforra

POR QUE AURIA AFORRA?
As Caixas de Aforros cumprían unha función específica dentro do sector financieiro, función marcada por varias características diferenciadoras:
– Visión local na concesión do crédito e na definición dos produtos e obxectivos
– Apoio a sectores e personas con menos opcións de acceso ao crédito
– Reinvestimento de beneficios na propia comunidade grazas á obra social

A reestructuración e espolio das Caixas de Aforro galegas deixou valeiro un oco que non cubren os actuais axentes financeiros, bancos nacionais e internacionais marcados por unha visión centrada no beneficio e na especulación e non na prestación dun servizo á comunidade. Esta visión fai que a necesidade de crédito da cidadanía ourensá non sexa satisfeita íntegramente.

O nome de “Auria Aforra” é unha proposta, a denominación definitiva debería ser decidida polos cidadáns de xeito participativo.

POR QUÉ É TAN IMPORTANTE O ACCESO AO CRÉDITO?
O mantemento do texido comercial e industrial actual e a creación de novo emprego permitirán a fixación e atracción de poboación o cal debería ser un elemento estratéxico para a nosa cidade dados os seus datos e perspectivas demográficas.

PERO…, AÍNDA SE PODEN CREAR CAIXAS DE AFORROS?
Si. o marco legal vixente mantén a opción da fundación de novas Caixas de Aforros cun fondo de dotación inicial de 18 MM de euros (no último ano o excedente de tesourería do Concello superou os 40 MM de euros).
Existen ademais outras formas xurídicas (Establecementos Financieiros de Crédito, programa de microfinanzas, avais públicos..), a través dos que o Concello de Ourense podería intervir directamente no mercado de crédito.
Só fai falta vontade política de facelo.

QUE GAÑA A CIDADANÍA DE OURENSE?
Maior poboación, industria e comercio reinciden vía impostos e consumo nunha maior renta e condicións de vida para a cidadanía e maiores ingresos para as nosas institucións, ingresos que tamén se reinvertirán en servizos para a cidade.

Maior pobación e maior renta desta permitiría asemade a recuperación do serctor servizos tan dañado nestes anos e tan importante na nosa cidade.

A Caixa terá liñas de financiamento específicas para determinados segmentos de poboación: xuventude e primeiro emprego, mulleres, novos residentes, persoas desempregadas e para as ourensán que queiran comezar un negocio. Isto nos permitiría seguir fixando poboacíon e evitar a nova onda migratoria na que estamos inmersos. Os seus beneficios, que serían públicos, serían revertidos vía obra social ou inversión directa en programas LOCAIS de servizos sociais, asistenciais ou sectores estratéxicos para Ourense.

Podes descargar o folleto picando nesta ligazón ou na imaxe

Auria Aforra

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s