Fondo solidario alimentario

bocadillo

Como todos sabedes estamos a vivir tempos difíciles, a crise que nos envolve a nivel económico e social, comeza a afogar a moitas/os das/os nosas/os veciñas/os. O limiar da pobreza cada día se achega desafiante a cada un dos nosos achegados.

En Anova somos xente do común, a xente de abaixo e da esquerda, onde se sitúa o corazón; non podemos nin debemos permitir estes ataques, o capitalismo desfreado, as ansias de crecemento desmedido, non fan máis que empobrecernos como podemos comprobar nas nosas propias familias, amizades e veciñas/os.

Na nosa cidade hai familias que comezan a ter problemas para chegar a fin de mes,para alimentar as súas familias. Estamos en contacto con esta xente e precisan da nosa axuda.

A partires do 5 de agosto comezaremos unha recollida de alimentos e artigos de primeira necesidade, como poden ser elementos de hixiene. Nun primeiro momento e ante a urxenciarealizarase a recollida entre militantes e persoas achegadas que queiran contribuír e, nunha segunda etapa, a partires de setembro tentaremos facer unha campaña pública para axudar a esta xente.

Destinaremos estes bens, polo de agora, ás persoas inmersas en procesos de execución hipotecaria e desafiuzamentos da cidade, que o precisen, e farémolo a través da Plataforma StopDesafiuzamentos Ourense, na que sabedes que algúns de nós estamos a participar.

A recollida realizarase no local de Anova, sito entre as rúas Progreso e Dr. Fleming, nas Galerías ProyFlem, durante o mes de agosto os martes de 19h a 21h, e partir de setembro ampliaremos este horario, podendo achegarvos por alí ou ben enviando un correo a anovaourense@gmail.com. Nesta páxina da nosa web poderédesvos manter informados das necesidades e artigos que imos tendo. En canto ao reparto, irase realizando a medida que vaiamos conseguindo ditos bens.

Moitas grazas de antemán pola vosa axuda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s