Anova Ourense

Anova Ourense chama á participación en apoio á Plataforma ProCAPD

Advertisements
Anova Ourense fai unha chamada ao apoio e participación de toda a cidadanía ourensá na manifestación convocada pola Plataforma ProCAPD que terá lugar o
DÍA: xoves, 2 de febreiro de 2017
HORA: 20:00
LUGAR: Casa de Chocolate (Avenida da Habana)
Despois de máis dun ano de loita, a Plataforma ProCAPD, que agrupa as nais e pais de nenos con diversidade funcional da provincia de Ourense así como as distintas organizacións políticas e sindicais da provincia, esixe novamente á Xunta de Galiza a creación dun centro público de xestión pública que integre un centro residencial e un centro de día de respiro familiar.
O Partido Popular manipulou as nais, pais e a todas as integrante da plataforma con falsas esperanzas chegando incluso a asinar un compromiso que non pensaba cumprir. Enganounos co proxecto xa que este era inadecuado para os rapaces destinatarios e ademais enganou á plataforma co número de prazas previstas.
A situación chegou ao extremo de presentar un proxecto de centro ocupacional e, cando a plataforma protestou, dixo que o nome se podería cambiar pero, iso si, sen mudar un ápice o inadecuado proxecto.
Anova únese ás voces das nais e pais que denuncian a falta de respecto as súas fillas e fillos, ás organización que os arroupan na plataforma e ás máis de 50.000 persoas que asinaron a prol da creación dun centro similar aos existentes na Coruña, Lugo e Pontevedra.
Chamamos, pois, a toda a cidadanía de Ourense a amosar a solidariedade coas nais e pais e a plataforma que está tratando de que Ourense teña os mesmos servizos que o resto das provincias do noso país.
Advertisements