O Concello de Manzaneda suma o seu apoio ás reivindicacións da Plataforma ProCAPD

No pleno do Concello de Manzaneda celebrado no día de onte aprobouse a moción de apoio á creación dun centro de continuidade para persoas con diversidade funcional en Ourense.

Ourense é a única provincia de Galicia que non ten un centro de continuidade para persoas con diversidade funcional polo que, a partir dos 21 anos, non poden continuar coa súa formación e mellora da súa saúde ao non contar cun centro público que si existe en provincias como Lugo que dispón dun centro con 120 praza sen Sarria, Pontevedra que dispón de outro en Redondela coas mesmas prazas ou A Coruña que dispón doutro.

Isto representa, ademais dun problema asistencial evidente, unha discriminación con esta provincia unha vez máis.

Que Ourense non dispoña dun centro deste tipo supón auténticos dramas familiares ao ter que separar centos de quilómetros ás nais e pais dos seus fillos/as ao non poder contar cun centro público que teña prazas residenciais para que poidan ter unha vida digna cando os seus pais xa non estean, que sexa un centro de día para ser incluídos/as na sociedade e, a súa vez facilitar ás nais e pais un respiro familiar moi necesario e que evite que as nais e pais estean separados dos seus fillos e fillas.

Davide Rodríguez, alcalde de Anova, apoiou a moción remitida pola Plataforma ProCAPD para instar ao Consello da Xunta a realizar os trámites necesarios para dotar de orzamento o proxecto e que debido á urxencia familiar fose iniciado con carácter inmediato e que sexa o 100% de xestión e titularidade públicas. Tamén insistiu en que dada a alta demanda que ten a provincia de Ourense o CAPD que se abra en Ourense non debera ser menor que os de Lugo ou Redondela isto é que teña unha capacidade para máis de 100 persoas.

O alcalde nacionalista suma así o seu apoio á plataforma de ProCAPD composta polas nais e pais do CEE Miño xunto a de organizacións políticas, sindicais e sociais que xunto con outros concellos xa amosaron o seu apoio público á consecución deste obxectivo tan necesario na nosa provincia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s