O Concello de Toén aproba, por unanimidade, a moción a favor do Centro de atención a persoas con diversidade funcional

A Plataforma ProCAPD Ourense iniciou unha loita para a consecución dun centro para a atención a persoas con diversidade funcional en Ourense. A nosa provincia é a única que carece dun centro de continuidade deste tipo como si existe nas provincias de Lugo, que dispón dun centro con 120 praza sen Sarria, Pontevedra que dispón de outro en Redondela coas mesmas prazas ou A Coruña que dispón doutro.

A Xunta de Galicia está a ser moi difusa coas opcións do centro e os seus compromisos non pasan, de momento, de meras promesas electorais.

Ante isto a plataforma remitiu a todos os grupos políticos de todos os concellos da provincia de Ourense unha moción para instar ao Consello da Xunta a realizar os expedientes de modificacións orzamentarias do exercicio actual necesarios para comprometer o gasto e inversión de redacción do proxecto e execución da primeira fase do centro. Tamén insistiu en que dada a alta demanda que ten a provincia de Ourense o CAPD que se abra en Ourense non debera ser menor que os de Lugo ou Redondela isto é que teña unha capacidade para máis de 100 persoas.

Debido á urxencia e a situación familiar das nais e pais o proxecto debera ser iniciado con carácter inmediato e plataforma solicita expresamente que de ningún xeito a empresa privada debe suplir a asistencia da rede pública polo que, tal e como vimos demandando, o centro debe ser 100% de xestión e titularidade públicas.

Anova, a través do seu concelleiro en Toén, Carlos Lorenzo Simon, levou ao pleno a dita moción que foi aprobada por unanimidade convertindo ao Concello de Toén no primeiro da provincia en apoiar a moción da Plataforma ProCAPD.

Podedes descargar a moción nesta ligazón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s