Anova inicia o proceso de primarias para as eleccións ás Cortes do 26X

Anova-IN vén de inciar hoxe mesmo o seu proceso de Primarias Internas para elixir as persoas que representen á organización nas candidaturas das vindeiras Eleccións ás Cortes do Estado do 26 de Xuño.

Dende hoxe e até o luns 16 de maio as persoas militantes que se queiran presentar deben enviar a súa candidatura, polo tanto sempre antes das 23.59h do domingo día 15 de maio.

O luns 16 de maio procederase á proclamación de candidaturas e o mércores 18 á votación telemática da militancia, para inmediatamente rematada proceder a proclamar as candidaturas electas.

Como xa indicáramos nunha comunicación anterior, os consensos internos de Anova, nos que imperan a democracia a irmandade e a igualdade, obrigan a facilitar que calquera militante poida optar a formar parte das diferentes convocatorias electorais. Dado que o vindeiro 26X, por mor de que a pasada lexislatura abortou prematuramente, nos enfrontamos a un proceso ‘ex novo’, no que se poden –e de feito así está a acontecer– mudar as candidaturas e as listas, Anova convoca doutra volta unha consulta interna con carácter vinculante.

Anova-IN aposta pola democracia de base e porque sexa o conxunto de persoas que participan dos procesos o suxeito no que resida a capacidade de decisións sobre todas as cuestións estratéxicas, en coherencia co compromiso de construirmos un suxeito político que sexa unha ferramenta en mans da cidadanía. Entendemos que é a nosa obriga aplicar no noso funcionamento interno o mesmo que esiximos para as institucións e respostar a demanda de empoderamento popular e soberanía cidadá.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s