As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña, a debate en Trives

  • O GUE/NGL e AGEe levarán adiante o 16 de abril unha xornada de debate aberto a prol de medidas que permitan unha montaña “viva”
  • Senra reivindica a necesidade de desenvolver todo o potencial da montaña asentando actividade agraria como base para este obxectivo

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) -integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)-, presentou en rolda de prensa na mañá de hoxe en Santiago de Compostela a xornada aberta “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña”1 , que terá lugar o vindeiro sábado 16 de abril na Casa da Cultura da Pobra de Trives (Ourense).

Durante a rolda de prensa de presentación, Lídia Senra destacou a importancia de “seguir no camiño de contribuír á loita para garantir a supervivencia das zonas de montaña”. “Sen labregas e labregos vivindo nela, non é posible manter a montaña”, defendeu. Baixo esta perspectiva, participarán neste debate persoas expertas en figuras de protección medioambiental, labregas e labregos galegos titulares de experiencias de produción en zonas de alta montaña, así como representantes de diferentes Parques Naturais do Estado español e de Portugal. O obxectivo é poñer en valor as figuras de protección, analizalas e debater sobre elas como unha vía máis para contribuír a manter a montaña viva.

Senra explicou tamén que nos últimos meses vense debatendo no Parlamento Europeo temas que afectan ás zonas de montaña, e que na propia Comisión de Agricultura está enriba da mesa a necesidade de que na UE se poña en marcha unha política de apoio efectivo ás áreas de montaña. “É prioritario apoiar a actividade agraria na montaña, apoiar que a transformación dos produtos da montaña se faga na propia montaña e traballar activamente para colocar eses produtos da montaña no mercado local e de proximidade”, establecendo por exemplo mecanismos para blindar e aumentar a actividade económica nestas zonas.

A eurodeputada galega afirmou que a xornada do día 16 na Pobra de Trives será “intensa” e fixo fincapé na necesidade de que as figuras de protección medioambiental nas zonas de montaña non supoñan dificultades para o desenvolvemento de actividades, senón que sexan fonte de oportunidades. “Estas figuras teñen que ser compatibles co mantemento de actividades na montaña e por iso adicaremos as xornadas a coñecelas en profundidade, a ver o que significan e como poden servir para apoiar as explotacións agrarias e o desenvolvemento das áreas de montaña”, insistiu.

Lídia Senra definiu esta xornada como un “debate formativo e informativo” para “tentar sacar propostas e analizar como podemos aplicar mellor as medidas de protección e compatibilizalas 1 Adxuntamos cartaz e programa. coa actividade agraria para que sirvan de apoio económico para as labregas e labregos e as persoas que viven na montaña”. “É fundamental que haxa apoios específicos para a xente da montaña, para as pequenas e medianas explotacións, para calquera persoa que se queira instalar na montaña e se queira incorporar á actividade agraria independentemente da súa idade, apoiar a transformación dos produtos na propia montaña e a súa comercialización. Tamén o turismo de montaña é compatible coa actividade agraria se se fai de forma correcta”, dixo. De aí a necesidade de poñer en valor as figuras de protección medioambiental. “Tomemos como exemplo experiencias doutros lugares. Na montaña francesa, por exemplo, hai persoas que teñen explotacións de vacas de leite a 2.000 metros de altura, alí fan queixo, e comercialízano e véndeno xa alí porque hai un gran mercado ao ser zonas moi turísticas.

Esa pode ser unha vía”, explicou Lídia Senra. “Queremos desenvolver todo o potencial que hai na montaña, dentro das figuras de protección medioambiental. Ten que haber vontade política e que se traduza en medidas”, concluíu. Reivindicando o valor das zonas de montaña A xornada que se celebrará o vindeiro sábado 16 non é a primeira que o GUE/NGL organiza sobre esta temática. Baixo o título “As áreas de alta montaña na Unión Europea: Unha perspectiva dende a esquerda”, en febreiro de 2015 púxose sobre a mesa en Becerreá a necesidade de impulsar unha Lei Galega de Alta Montaña e normativas dentro da Unión Europea acompañadas de partidas orzamentarias. Cara finais dese mesmo ano, no mes de outubro, unha delegación integrada por once persoas residentes en zonas de montaña da Galiza acudiron ao Parlamento Europeo a iniciativa da eurodeputada de AGEe, onde mantiveron contactos con Dermot Ryan, representante da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea, e ca eurodeputada Mercedes Bresso, presidenta do Intergrupo Parlamentario de Áreas Rurais, Montañosas e Remotas, no que a AGEe está inscrita. En contraste co que acontece en lugares como Austria ou Francia, onde os propios Gobernos poñen en marcha medidas para desenvolver actividades económicas e sociais que dinamicen estas zonas, a eurodeputada de AGEe Lídia Senra vén denunciando nestes espazos que nin desde a Xunta de Galiza nin dende o Goberno central están a levar a cabo actuacións suficientes neste sentido, motivo polo cal é necesario seguir a reivindicar desde todas as institucións proxectos que permitan a protección da montaña como lugar de conservación da biodiversidade.

O programa será o seguinte:

10:30h.- Chegada dos/as participantes.

10:45h.- Apertura das xornadas por Lídia Senra Rodríguez, Deputada no Parlamento Europeo pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa e membro do Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

11:00 h.- Introdución ás figuras de protección medioambiental. • Guzmán Ouro Vilariño. Funcionario da Consellería de Medio Ambiente. Introdución e moderación: David Rodríguez Estévez. Alcalde de Manzaneda.

 11:45 h.- Debate.

12:30 h.- A aplicación práctica das medidas de protección medioambiental en Galiza.

  • Isabel Vilalba Seivane. Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego.
  • Víctor Andrés Álvarez Arias. Funcionario da Consellería de Medio Rural.
  • Xosé Santos Otero. Traballador forestal da Consellería de Medio Rural e membro do Consello Forestal de Galiza en representación de grupos ambientalistas.

Introdución e moderación: Antón Sánchez García. Deputado de AGE no Parlamento Galego.

13:30 h.- Debate.

14:00 h.- Fin da xornada de mañá.

16:00 h.- Experiencias de actividades produtivas en zonas de protección medioambiental.

  • Neves Fernández. Labrega e pastora de ovellas galegas e ecolóxicas, titular da explotación O Pico das Bouzas, en Quintela de Pando (Viana do Bolo).
  • Manuel García. Labrego ecoloxista. Membro de Labregos Daiquí Sociedade Cooperativa Galega.

Introdución e moderación: Vanesa Garrido Blanco. Membro de Anova na Montaña luguesa.

17:30 h.- Descanso.

18:00 h.- Mesa de experiencias de zonas de protección en distintos espazos da Unión Europea. • Belarmino Fernández Fervienza. Alcalde de Somiedo e Presidente da Rede Asturiana de Desenvolvemento Rural.

  • Por confirmar, membros de experiencias de Euskadi e Portugal. Introdución e moderación: Miguel Anxo Fernán-Vello, deputado de En Marea no Parlamento do Estado español.

19:30 h.- Fin da xornada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s