O CONCELLO DE OURENSE E O VOLUNTARIADO…ONDE QUEDAN OS/AS PROFESIONAIS DO ÁMBITO SOCIAL.

Dende Anova Irmandade Nacionalista, queremos visibilizar a preocupante proposta que dende a Concello de Ourense se fai para a captación de voluntariado.

Hands-up-vector-material-4Dentro do seu “Programa de voluntariado”, temos a opción de participar no acompañamento con diversos colectivos como por exemplo, “mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero”, para “(…) contribuír a normalizar a súa situación persoal e social” ou “Integración das mulleres usuarias en actividades e actos que se realicen na cidade”.

Tamén, por exemplo, pódese colaborar no “Acompañamentos psico-sociais para a tramitación de xestión administrativa (…)” ou no “Ensino e reforzo de habilidades sociais básicas (…)” para persoas sen fogar.

Dende Anova entendemos que, por un lado, este tipo de propostas estigmatizan a diversos colectivos sociais, os cales non precisan de voluntariado, se non de profesionais e recursos especializados, que dende logo teñen que partir dende a confidencialidade e dende unha proposta de desenvolvemento integral e autónoma da persoa, nunca dende unha postura de “axuda” ou “normalización”.

Por outro lado, asistimos de novo a un ataque contra os/as profesionais do ámbito social, como son as/os educadores/as sociais ou os/as traballadoras/es sociais, os cales ven como os seus postos de traballo, son substituídos por man de obra totalmente gratuíta.

Non dubidamos que a participación en actividades de carácter voluntario, axuda a crear unha cidade máis inclusiva e solidaria, mais entendemos que neste caso, están a realizar tarefas polas cales ten que existir unha formación previa e unhas habilidades moi específicas.

Ao Concello de Ourense se lle escapa de novo con esta proposta, que a inclusión social permite a cada persoa ser capaz de exercer os seus dereitos, participar libremente nas actividades que desexe, sen ter en conta unha posible situación de vulnerabilidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s