Anova-IN rexeita a ilegalización de Causa Galiza

Compostela, 22 de xaneiro de 2016-. Dende Anova-Irmandade Nacionalista estamos e sempre estaremos a prol da defensa dos dereitos civís, entre eles o da liberdade de asociación e organización política. Estes principios humanos e cidadáns básicos póñense en cuestión e, ao cabo son violados, cando se ilegaliza unha organización política con actividade pública, e máis aínda cando non existe, ao noso xuízo, ningunha xustificación obxectiva. Cremos que este é o caso ao que se someteu á organización política Causa Galiza.

É por isto que só podemos amosar o noso rexeitamento fronte o que nós consideramos unha operación xurídico-política máis propia dun réxime totalitario que dun Estado democrático e que, en coherencia co xa apuntado, apoiamos a manifestación convocada en Compostela para o vindeiro domingo 24 de xaneiro.
223
En Anova temos o compromiso irrenunciábel de apoiar sempre, na medida das nosas posibilidades, a quen sufra calquera caste de represión por defender, a través de medios políticos e pacíficos, as súas ideas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s