25N: temos que rematar coa violencia contra as mulleres

Desde Anova-Irmandade nacionalista como cada ano e durante o mesmo, denunciamos a continua agresión aos dereitos humanos das mulleres e a inacción dos poderes públicos para rematar con este tipo de terrorismo que padece a nosa sociedade.

Desde o ano 1995, 1378 mulleres foron asasinadas polo terrorismo machista e no que vai de ano, son máis de 70 Mulleres e menores sofren violencia patriarcal en múltiples formas, aínda que nas estatísticas oficiais moitas delas non aparecen.

Nos últimos anos, as políticas públicas para invertir a situación de discriminación e vulnerabilidade da muller non fixeron máis que incrementarse. O goberno do PP ten recortado en recursos públicos e contra os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, incrementando a desigualdade e a culpabilización sobre nós, fomentando así comportamentos misóximos e a hexemonía do home sobre a muller.

O terrorismo machista tense convertido nunha reivindicación oportunista para a meirande parte de partidos políticos que sacan a bandeira feminista una vez ao ano, pero que con responsabilidades de goberno, son incapaces de lexislar contra esta lacra. Limítanse a campañas publicitarias de apoio e solidariedade para lavar conciencias, que aumentan se é ano electoral, pero que non atinxen nin de lonxe á raíz do problema:a sociedade patriciarcal.

Hai poucos días, o 7 de Novembro, o feminismo organizado de todo o estado convocou unha marcha multitudinaria contra as violencias machistas, fartas xa de que nos estean a asesinar polo feito de ser mulleres. Foi unha mobilización sen precedentes no estado e que esixía unha serie de medidas factibles para rematar con esta situación.

Desde Anova-Irmandade Nacionalista, facemos nosas as medidas máis urxentes nun día como este 25 de Novembro, no que queremos ofrecer respostas reais para corrixir este tipo de terromismo:

  • Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha Cuestión de Estado.
  • Que esta violencia sexa recoñecida como un tipo de terrorismo.
  • Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou exparella coma as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.
  • Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.
  • Que os medios de comunicación se comprometan a facer un tratamento adecuado das diferentes violencias machistas, visibilizándolas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e empregando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.
  • A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos e ás menores dos maltratadores condenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores.

Non podemos permitir que nos sigan a matar. Precisamos ser máis contra o terrorismo machista. Cambio lexislativo xa!

DECALOGO DE PROPOSTAS DE ACCIÓN FEMINISTA CONTRA O TERRORISMO MACHISTA

#AccionFeminista  #ContraoTerrismoMachista

  1. Fomentar políticas reais de igualdade é loitar para erradicar o terrorismo machista.
  2. Aplicación das políticas públicas e a lexislación contra o terrorismo machista.
  3. Que as casas de acollida sexan públicas , laicas e dotalos de suficientes recursos.
  4. Recuperar e reforzar recursos de proximidade de atención e acompañamento ás vítimas de terrorismo machista.
  5. Traballar na educación para a igualdade dende a infancia coa implicación de toda a sociedade.
  6. Dotación de recursos, formación e sensibilización de tódalas persoas do eido sanitario, social, educativo, xudicial e corpos de seguridade.
  7. A consideración de vítimas de violencia machista non so das parellas, senón tamén tódalas persoas asasinadas por causa da situación de violencia.
  8. Que os medios de comunicación eviten a linguaxe sexista e o fomento e aplauso a condutas machistas.
  9. Creación dun ente coordinador entre as distintas Administracións Públicas para a abordaxe integral.
  10. Retirada da custodia para o maltratador e que as visitas que se permitan sexan supervisadas e nunca contra a vontade das crianzas.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s