Pronunciamento conxunto de AGEe, EHBildu, ERC e NECat diante da visita de Felipe VI

Lidia Senra abandonará o hemiciclo do Parlamento durante a intervención de Felipe VI (12.00hrs).

Estrasburgo, 7 de novembro 2015. Achegamos declaración conxunta subscrita pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra; o eurodeputado de Euskal Herria Bildu (EHBildu), Josu Juaristi; o eurodeputado de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Josep-Maria Terricabras e o eurodeputado de Nova Esquerra Catalana (NECat), Ernest Maragall como mostra de rexeitamento diante da intervención que o monarca español realizará ás 12.00hrs. desta mañá no Pleno do Parlamento Europeo.

Asemade, a deputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, xunto cas eurodeputadas/os da delegación da Esquerda Plural, abandonará o hemiciclo durante a intervención de Felipe VI en sinal de protesta.

DECLARACIÓN CONXUNTA

AGEe, EH Bildu, Esquerra Republicana de Catalunya, Nova Esquerra Catalana

Diante da intervención de Felipe de Borbón no pleno do Parlamento Europeo.

Con motivo do discurso que, a invitación do presidente Martin Schulz, pronunciará hoxe mércores no Pleno do Parlamento Europeo Felipe de Borbón, os/as abaixo asinantes queremos manifestar o seguinte:

  • Rexeitamos a presenza diante da Cámara Europea dun xefe de Estado que non foi democraticamente elexido e que representa e simboliza, entre outras cuestións, un modelo con graves carencias democráticas que non resolve axeitadamente as expectativas dos pobos e da cidadanía.
  • As Nacións que conforman a realidade plurinacional do Estado Español teñen dereito a determinar o seu futuro, sen límites nin ameazas externas, se así o decide de forma libre, pacífica e democrática a súa cidadanía.
  • Nun contexto europeo marcado polo recente referendo escocés e as eleccións do 27 de setembro en Catalunya, instamos ás institucións internacionais e europeas en xeral, e a o Estado español en particular, a respectar as decisións que a futuro emprendan e adopten os/as lexítimos representantes de estas e outras nacións, como a vasca ou a galega. ·
  • Recoñecemento dos dereitos dos Pobos e Nacións e o respecto á vontade democrática deben ser as bases dun marco de relacións más xustas e solidarias en Europa, que deixe atrás modelos de imposición e furto á soberanía.
  • Xustiza e solidariedade son precisamente dous termos cada vez máis estraños nunha Unión Europea, onde o Estado español logo de trinta anos de adhesión, pouco ou nada ten que celebrar, sumido como está nunha deriva de recortes e austeridade que provocaron unha fractura social sen precedentes, cun déficit democrático evidente, sectores produtivos en crise, deslocalización da produción, peche de empresas, privatización de servizos, perda de postos de traballo e retroceso nos dereitos humanos como a vivenda, a saúde ou a educación e tamén nos dereitos das mulleres e, por último, unha resposta aos/ás migrantes e refuxiadas/os que buscan una vida mellor no noso continente en termos de seguridade e non de acollida, e respecto aos dereitos humanos.
Estrasburgo, 07 de Outubro de 2015

Lidia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe)
Josu Juaristi, eurodeputado de EH Bildu-Os Pobos Deciden
Josep-Maria Terricabras, eurodeputado de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
Ernest Maragall, eurodeputado de Nova Esquerra Catalana

 Nota de AGEe.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s