A reforma da lei do aborto: Unha lei que restrinxe a vontade das mozas de 16 e 17 anos

O pasado xoves aprobábase no Congreso dos deputados de Madrid a reforma da lei do aborto para impedir a interrupción do embarazo das menores de idade sen o consentimento de quen ostente a súa custodia (nais, pais, titores…).

Dende o Grupo Acción Feminista de Anova queremos amosar o noso rexeitamento a esta lei xa que, en primeiro lugar, considerámola unha “reforma trampa” do Partido Popular tralo fracaso da reforma Gallardón, coa que pretenden vulnerar ideoloxicamente a vontade das mozas menores de 18 anos e continuar así limitando os dereitos das mulleres.

En segundo lugar, denunciamos a situación de indefensión que provoca esta lei nas menores de 18 anos. Esta reforma da lei do aborto non só obriga ás mozas de 16 e 17 anos a contar co consentimento da nai, pai ou titores para a interrupción do embarazo. Ademais, vén acompañada dun baleiro legal que posiciona ás menores que desexan abortar nunha situación de inseguridade xurídica, xa que, no caso de existir oposición de nai, pai ou titores só quedaría a vía xudicial, o que retrasaría considerablemente o proceso, esgotando así o límite legal para a interrupción do embarazo. Xeraranse así situacións de desprotección xurídica para estas menores, que si poden decidir traballar ou casar, pero non interromper o seu propio embarazo.

Dende Acción Feminista de Anova vemos nesta lei unha nova afronta aos dereitos das mulleres dende un sistema patriarcal e claramente ideoloxizado polos intereses morais que ao noso entender non poden en ningún caso exceder os dereitos das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo.

As mulleres de Anova xunto cos colectivos feministas seguiremos traballando na procura do recoñecemento por parte das institucións do dereito a decidir sobre os nosos propios corpos e combateremos as leis do Goberno do Partido Popular marcadas pola dereita ultracatólica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s