Anova Ourense pide ao Concello de Ourense que pendure unha bandeira multicolor durante a próxima semana

Como acto de visibilización das reivindicacións do coectivo LGTBI.

photo_2015-06-26_15-30-15 O 28 de xuño é un día significativo e marcado nos nosos calendarios, é o día das revoltas de 1969 en Greenwich Village (Nova York) nas que a comunidade homosexual neoyorkina se enfrontou á opresión e persecución, tanto social como institucional, de persoas gais, lesbianas e transexuais. Corenta e seis anos despois deste fito histórico na loita contra os dereitos humanos Anova Ourense quere poñer o seu gran de area para visibilizar as demandas e a problemática do colectivo LGTBI.

A pesar de todo o traballo e os importantes logros acadados ate o de agora, o colectivo LGTBI segue a sufrir discriminación, bullying, rexeitamento e a invisibilización por gran parte da sociedade.

Porén, 28 de xullo tamén é un día de festa e alegría, para saír a rúa co orgullo en agradecemento a todas esas peresoas que ao longo dos anos levan loitado para defender os seus dereitos.

photo_2015-06-26_15-30-49Desde Anova Ourense denunciamos que as persoas do colectivo LGTBI, a día de hoxe, seguen a sufrir acoso por parte da sociedade, xa sexa en escolas e institutos, nos seus lugares de traballo, nas súas propias familias ou na mesma rúa. E por isto reclamamos das institucións púbicas como é o Concello de Ourense que poña en marcha os medios económicos e humáns para facer efectiva unha verdadeira lei contra a LGTBIfobia.
Anova Ourense quere transmitir a todo o colectivo LGTBI que non está só, e que desde a nosa humilde posición seguiremos traballando para que podan vivir a vida con naturalidade e igualdade.

Por todo isto e como acto de visibilización e sensibilización pedimos, mediante instancia vía rexitro do Concello de Ourense, que durante a semana do 28 de xuño ao 5 de xullo pendure unha bandeira multicolor xunto ao resto de bandeiras da casa do Concello, demostrando así o compromiso do Concello de Ourense co movemento LGTBI e ás súas reivindicacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s