Salvemos MODULAR

CIS5Ea-WwAALgJkNos últimos días fomos testigos da intención da Consellería de Educación de eliminar a oferta do réxime de modular de adultos para o vindeiro curso 2015-1016, na familia profesional de Servizos socioculturais e á comunidade do CIFP Portovello.

Esta decisión política afecta ao redor de 65 persoas, que cursan o CM de Atención a persoas en situación de Dependencia  e o CS de Educación Infantil.

A oferta modular caracterízase por dar resposta ás necesidades formativas de persoas, que por mor das súas circunstancias non poden cursas o réxime ordinario(incompatibilidades de horarios, familiares, laborais, etc…) ou a través do réxime a distancia(falta de formación telemática ou equipos axeitados).

Este recurte de réximes lectivos, fai que os alumnos se atopen coa imposibilidade de continuar os seus estudos nas titulacións de Técnico/a medios de Atención á Dependencia e/ou Técnico/a Superior de Educación Infantil.

Concretamente a Consellería de Educación pretende eliminar o 1º curso de modular en educación infantil, tendo en conta que a matrícula nesta modalidade non obedece á lóxica secuencial dun curso ordinario, darase o caso de que persoas non teñan a posibilidade de rematar os seus estudos.

No caso do Ciclo Medio de Atención á Situación de Dependencia a situación é máis crítica ao eliminar completamente a oferta modular e deixando so a posibilidade de cursalas baixo réxime ordinario ou a distancia.

Ante a posibilidade de que se derive ao alumnado a centros privados concertados, estríamos falando dunha intencionalidade clara de privatización da educación pública, que se reflicte claramente na nova oferta do CPR San Martín nos estudos de Atención á Situación de Dependencia.

Despois do exposto, Anova Ourense quere focalizar a atención no ex Secretario xeral de Educación e man dereita do agora alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, José Luis Vázquez Fernández, que “casualmente” é o inspector tanto do CIFP Portovello como do CPR San Martín, quen presuntamente podería gozar de información privilexiada en todo este asunto e favorecer intereses privatizadores da Xunta de Galicia na Educación ourensá.

Anova Ourense quere recordar que a formación e educación das persoas é un dereito universal, e instamos a que o alcalde de Ourense e exconselleiro de Educación da Xunta de Galiza, Jesús Vázquez Abad realice os trámites precisos como representante da cidadanía de Ourense para evitar esta vaga privatizadora e limitando os dereitos da ceiñanza da nosa cidade.

Do mesmo xeito, toda a información será trasladada ao Grupo Parlamentar de AGE, para que realice a correspondente labor e tentar paralizar este ataque aos nosos dereitos. O grupo parlamentar de AGE xa mativo xuntanzas cos estudantes afectados e nos próximos días presentará iniciativas no propio Parlamento de Galiza.

Por último, dicir que Anova Ourense apoia e participará da manifestación de SALVEMOS MODULAR,    que terá lugar este xoves día 25 de xuño.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s