Entrevista a Millán Brea, Educador Social e nº 4 da candidatura de Anova

Millán Brea é educador social. Leva ‘fedellando’ en Ourense dende fai 33 anos. Aposta pola inclusión social como base do proxecto municipal de Anova. Soña cun mundo verde de esquerdas.

– En que consiste a figura do educador de rúa que propondes dende Anova? 

A proposta é clara, dotar a Ourense da figura d@s educador@s sociais dentro do seu día a día. Nós non inventamos nada, esta é unha figura consolidada en varias comunidades, precisamente naquelas onde o Estado do Benestar aposta polo desenvolvemento integral da persoa e non por uns servizos sociais vencellados á beneficencia. A nosa proposta crea figuras que traballen fóra dos despachos, coa mocidade, coas persoas maiores, aportándolle recursos para o seu tempo libre, aportando información e responsabilizándoos así nas súas eleccións. Un centro cívico como estrutura física está ben; agora, se non hai ningunha figura que consiga dinamizalo, simplemente é un edificio.

É importante porque na nosa proposta apóstase por esta figura traballando man a man nos institutos de educación secundaria (IES), que é unha reivindicación histórica da Educación Social en Galicia, e que ningún dos gobernos anteriores puxeron sobre a mesa: prevención da violencia, de consumo de substancias, fomento dos hábitos saudables…

– E o Consello da Mocidade?

Pois simplemente é dar á mocidade a posibilidade de que decida sobre os recursos que se destinan para ela. Facemos excursións, festas pero…preguntamos se realmente é o que queren?? Non deixamos deste xeito a moita xente fóra? É preciso crear unha estrutura para que podan aportar. Ollo!! Non é un organismo politizado, senón que podemos conseguir unha plataforma web na cal toda a mocidade poida aportar sen verse condicionada. E por suposto, ter en conta a unha franxa de idade que está esquecida dentro das políticas municipais, que vai dende os 12 aos 18 anos.

– Fálase da Cidade Educadora…en que consiste?

Nós apostamos por unha cidade que non teña como referencia a o home de idade media e sen ningún tipo de dificultade na mobilidade. Queremos que Ourense sexa unha cidade para as persoas, PARA TODAS, por iso facemos noso o proxecto de Fano (Italia), que Tonucci desenvolveu con gran éxito (e as súas dificultades iniciais, por suposto), e que pretendeu deseñar unha cidade dende a óptica dos máis cativos e cativas…Párate a pensar: Se é un neno ou nena quen propón como chegar ao seu colexio sen medo a cruzar unha beirarrúa, ou o que aporta ideas para ter parques nos que poder xogar e divertirse, ou ben, tamén amosa a súa inquedanza xa que non hai edificios nos que poder realizar actividades debido a que non están deseñados para o seu uso, senón para a súa imaxe… non pensas que deste xeito podería facilitarlle a vida tamén ao resto de persoas? Persoas maiores, persoas con diversidade funcional, etc… Os partidos falan de facilitar a mobilidade e potenciar o uso do transporte público. Isto é mentira. Se realmente queres facelo, o primeiro é limitar o acceso ao centro da cidade para os coches, subir os pasos de peóns á altura das beirarrúas, limitar a velocidade… Deste xeito estás potenciando o uso deste transporte e, incluso, a posibilidade de empregar bicicleta ou o de ir a traballar camiñando… Por certo, tamén queremos crear un Laboratorio d@s Nen@s, unha especie de Pleno municipal no cal si que teñan que ser escoitados/as, obrigatoriamente, polos nosos representantes políticos. Tamén está moi relacionado co@s educadores/as de rúa…Todo vén polo mesmo camiño!!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s