Anova impedirá que goberne o mesmo partido que secou as Burgas e presenta a empresa municipal AuriaAuga.

Lito Prado explica no mesmo lugar que o PP secou durante o seu goberno, que Anova non permirtirá que gobernen os mesmos que especularon cos bens de todos e que paralizaron a cidade cun PXOM ilegal durante anos

Esta mañá tivo lugar unha rolda de prensa do candidato á alcaldía da cidade de Ourense, Lito Prado e parte da candidatura nun lugar moi simbólico para a cidade como as Fontes das Burgas, no corazón histórico-turístico-termal da nosa cidade.

Nesta comparecencia, o candidato de Anova, denunciou que a nª 6 da candidatura do PP, Isabel María Castelo Villanuevaé curiosamente a irmá de María Jesús Castelo Villanueva, a arquitecta que asinou a recalificación e o maior pelotazo urbanístico da nosa cidade  ao pasar o solar de Xardín das Burgas de 2.000m2 a case 20.000m2 de edificabilidade, multiplicando x 10 a edificabilidade e provocando así a parálise durante 15 anos do proxecto de As Burgas.

Deste xeito Anova denuncia que detrás da lista encabezada polo señor Jesús “amigo de los que dan pelotazos” Vázquezescóndense as intencións de saquear a cidade dun grupo de xente, vinculadas a un partido podre e coa corrupción no seu seo, investigados coma a propio cabeza de lista Jesús Vázquez pola operación Pokemon e con 19 candidatos á alcaldía imputados só na provincia de Ourense.

Anova considera que non se pode permitir que volte gobernar o mesmo partido que secou as Burgas, que recalificou solares conforme a intereses privados para favorecer aos seus, que cambiou os planos do PXOM antes de seren aprobados e paralizou a cidade porque xa o fixeron unha vez e o farán de novo en canto teñan a ocasión.

Desde Anova entendemos que despois da declaración por parte da Xunta de Galicia en 2008 de Ourense “Capital Termal” establécese a necesidade da posta en valor dos seus recursos termais. Así mesmo, consideramos que o termalismo e o emprazamento de As Burgas e súa contorna xogan un papel estratéxico para o futuro do noso Concello.

Queremos lembrar tamén que unha das primeiras persoas que, desde o movemento ecoloxista, que no seu tempo denunciou esta desfeita, e pola que despois houbo unha das máis grandes manifestacións desta cidade foi o noso compañeiro e número 1, Lito Prado. Citando a María Dolores de Cospedal, “o PP veu a saquear”, en Ourense demostrouno, e se ten a oportunidade demostrarano de novo.

Lito aproveitou a rolda de prensa e presentou a proposta de Anova de crear a Empresa Pública Municipal Auria Auga, para o control, planificación, aplicación de I+D+i e xestión dos nosos recursos hídricos co obxeto de que a riqueza que se orixine reverta no comunidade.

Anova impedirá que goberne o Partido Podre

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s