Anova Ourense denuncia esperas de ata 6 horas no PAC da Rúa Concello

Os recortes do PP provocan unha saturación nos centros médicos

No Punto de Atención Continuada da Rúa Concello viviuse o pasado domingo día 17 unha nova situación de caos froito dos recortes que somete o Partido Popular á Sanidade pública. Anova Ourense tivo constancia polos testemuños dos propios pacientes do que sucedeu no PAC. A falta de persoal provocou esperas de ata 5 e 6 horas, situación que afectou a todo tipo de persoas, incluidos nenos pequenos e maiores. Ademais, houbo persoas que optaron por marcharen para a casa sen seren atendidas debido á demora.

Esta situación caótica na Sanidade non é puntual, senón una consecuencia dos continuos recortes do PP co claro obxectivo de dar un mal servizo e fomentar a sanidade privada.

Dende Anova Ourense queremos salientar a presión e sobrecarga de traballo á que está sometido o persoal sanitario, que fan todo o posible e máis para poder atender aos pacientes. Ademais, agardamos que dende a Consellería de Sanidade se dé unha resposta ás ducias de reclamacións presentadas o domingo pola situación producida no PAC.

Os recortes do PP provocan unha mala atención sanitaria, co consecuente perxuízo para a cidadanía. Se un está enfermo e non o poden atender a consecuencia é que empeora. A alternativa do PP é que vaias a unha consulta privada, pero non todo o mundo a pode pagar.

Esta xestión en Sanidade non é algo illado. O mesmo ocorre con outros servizos básicos, como a educación ou a atención aos dependentes. Imos permitir que eses mesmos que obrigan a maiores e nenos a esperar durante horas nun hospital gobernen o Concello de Ourense? Dende Anova Ourense temos moi claro que non.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s