Facilidade e axilidade para as/os ourensás/áns: Tarxeta OU

Anova presenta no Banco de España unha tarxeta para facilitar a identificación das/os veciñas/os de Ourense ante a administración local e nas súas instalacións, usufruir de descontos en instalacións municipais e simplificar trámites en determinados servizos dependentes do Concello

Lito Prado, candidato de Anova á alcadía ao de Ourense, así como parte da candidatura, presentaron esta mañá no edifico do antigo Banco de España, mediante unha presentación con imaxes e datos, unha das propostas de Anova para mellorar a interrelación entre cidadanía e concello: a Tarxeta OU.

Os obxectivos desta tarxeta son:

  • Que sirva de carné identificativo de cidadáns empadroados en Ourense e con pago de impostos na cidade.
  • Que sexa un carné identificativo ÚNICO en acceso a servizos municipais: bibliotecas, escolas municipais, piscinas, recintos deportivos, eventos organizados polo Concello, termas, pavillón e recintos deportivos etc., con descontos para as persoas empadroadas na nosa cidade e información actualizada sobre cultura, deportes e eventos.
  • Que se poida empregar para o transporte público: autobús e taxis, acurtando colas e cargas das tarxetas.
  • Que a súa implantación sexa progresiva no acceso a outros servizos municipais: trámites online, presentación telemática de documentos, certificacións e trámites do Concello, etc.

Este modelo de tarxeta que simplifica e unifica a identificación e trámites coa administración para as persoas empadroadas en Ourense xa existe e funciona con éxito en cidades coma Zaragoza, Donosti ou Gijón. Desde Anova Irmandade Nacionalista consideramos que esta sinxela tarxeta pode axudar, facilitar e simplificar a vida das nosas veciñas e veciños. Se noutras cidades funciona con éxito, porqué en Ourense non?

E se llo poñemos fácil á xente?

 

 

 

Advertisements

Un comentario en “Facilidade e axilidade para as/os ourensás/áns: Tarxeta OU

  1. Moi boa iniciativa, sen embargo vexo un fallo no formato da mesma que se ve na documentación explicativa: o nome na tarxeta serviria ao noso cabeza de lista a darlle mais visibilidade; en lugar de pór a Aurelio Prado Rodriguez darialle mais visibilidade se levara o nome de Lito Prado.

    Polo resto esta todo moi ben.

    Saudos.

    Date: Thu, 14 May 2015 13:20:05 +0000 To: conprepa@hotmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s