O candidato de Anova, Lito Prado, “íspese” ante a cidadanía

Esta mañá, o candidato á alcaldía de Anova, Lito Prado, asinaba ante notario un poder para que calquera cidadá/n poida consultar o seu patrimonio e ingresos en calquera momento do mandato e convidaba a Jesús Vázquez do PP a facer o propio

 

Esta mañá a primeira hora, o candidato de Anova á alcaldía de Ourense asistía a unha notaría situada no barrio da Ponte para asinar un poder que faculta a calquera persoa maior idade empadroada en Ourense a acceder e recibir información de calquera oficina bancaria, notaría, rexistro da propiedade, rexistro administrativo e calquera outra institución pública ou privada sobre os seus bens mobles e inmobles, contas bancarias, ingresos e gastos e calquera outro dato patrimonial relevante en relación á súa actividade política. Este poder estará en vigor desde a data do seu outorgamento até que trancorra un ano desde que remate a súa actividade institucional.

Acto seguido, o candidato acudía á oficina de correos para enviar mediante carta certificada un convite ao candidato do PP, partido do Goberno da Xunta e do Estado que acaba de aprobar unha lei de transparencia para tratar de maquillar as ducias de casos de corrupción que hai nas súas filas: deputado/as, alcaldes/as, conselleiros/as, ministros/as, etc, para que se considera que non ten nada que agochar, faga o propio.

Lito Prado convidaba así a Jesús Vázquez a pasar da palabra aos feitos e darlle poder a calquera cidadán/a para fiscalizar as súas contas e o seu patrimonio. Iso sería unha mostra real de transparencia, e non brindis ao sol sen feitos demostrables.

O candidato de Anova, outorgaba así un poder total para a consulta de información convidando aos cabezas de lista de todos os partidos políticos a facer o mesmo se non teñen nada que agochar e nomeadamente ao Exconselleiro da Xunta e candidato á alcadía de Ourense polo Partido popular que xa está a ser investigado pola xuíza que instrúa a Operación Pokemon por prevarición.

Insistía Prado que é unha mágoa que os 2 principais partidos: PP e PSOE presenten a candidatos imputados ou que están sendo investigados por corrupción, xa que inspiran moi pouca confianza á cidadanía.

Fronte a iso, Anova e o seu candidato, íspense ante a cidadanía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s