Cambiadores de bebé nos aseos públicos masculinos: un paso adiante cara a igualdade real

O candidato á alcaldía de Anova, Lito Prado, presentou en rolda de prensa unha das medidas en materia de igualdade que facilitaría a igualdade entre xéneros no concello de Ourense
Ás 11h da mañá nos baños públicos situados no Parque de San Lázaro da nosa cidade, o candidato á alcaldía Lito Prado e outros membros da candidatura, denunciaban a inexistencia de cambiadores para bebés nos baños públicos dependentes do concello, así como noutras instalacións que xestiona o PP desde a Xunta como hospitais, centros de saúde, oficinas administrativas, etc.
Lito Prado, pais de 2 nenas, denunciou que é unha auténtica falta de vontade política e falta de interese polas crianzas e pola corresponsabilidade familiar, non dispor dun simple cambiador para os bebés tanto nos baños de homes como nos de mulleres que existen no concello, xa que é un sorporte pouco custoso e que facilitaría moito a vida das nais e pais que teñen fillos pequenos. Lito Prado recalcou a súa extrañeza ante esta situación, e que mentres outros prometen tellados para os parques, xa que a cidadanía o que precisa son máis dotación públicas e menos sombras. É por isto que Anova comprométese a instalar esta doada infraestrutura en todos os baños públicos da cidade se ten responsabiliadades de goberno.
Especial fincapé merecen as instalacións públicas doutras cidades ou privadas nas que sempre está instalado o cambiador no baño das mulleres, coma se fosen elas as únicas responsables da crianza dos seus fillos en exclusiva. Lito Prado recalou o seu dereito como pai a poder cambiar ás súas fillas cando sae de paseo con elas e recalcou a necesidade de que esta dotación exista sempre nos baños de homes e nos de mulleres.
Segundo Lito Prado, para que a sociedade machista na que vivemos comece a ser unha sociedade máis igualitaria, cooperativa e despatriarcalizada, estas son pequenas medidas que calquera goberno debía implementar desde hai tempo, xa que cunha inversión económica mínima podemos conseguir concellos máis igualitarios.
En canto ás dotación públicas, Lito Prado, aposta por involucrar á cidadanía na toma de decisións para cubrir as deficiencias en cada barrio e parroquia do noso concello. Teñen que ser os veciños e veciñas que establezan as súas prioridades dotacionais e de mobiliario público.
Pequenos xestos para facer unha cidade para todas e todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s