Anova aposta pola creación da figura do/a educador/a de rúa

Dentro do programa de Anova Ourense coas 60 medidas urxentes para transformar Ourense que presentou o luns desta semana o candidato á alcaldía Lito Padro, Anova cre firmemente na educación e prevención como ferramentas para artellar unha mocidade e sociedade máis solidaria, xusta e creativa. É de especial interese a educación da sociedade e de colectivos específicos do candidato, ao ser esa a súa profesión e polo tanto coñecer as eivas que existen nesa área na cidade de Ourense. Dentro desa aposta polo benestar social, destacamos as seguintes medidas que, de implementarse, contribuirán sen dúbida a virvirmos nunca cidade máis humana e coherente:

  • Creación da figura dos/as educadores/as de rúa, que traballen “man a man” cos centros educativos da cidade de Ourense, para a prevención do consumo de alcol e tabaco, sexualidade, prevención de conductas violentas,… Ademáis, a xuventude participará de xeito activo escollendo as actividades que desexe a través do Consello da Mocidade, xestionado polos educadores/as de rúa dentro da Casa da Mocidade
  • Por outro lado, queremos que Ourense forme parte da Asociación de Cidades Educadoras, favorecendo deste xeito o día a día aos máis cativos/as da cidade, así como as persoas maoires e persoas con diversidade funcional.

Algunhas das medidas a tomar nese sentido son:  creación de novos pasos de peóns elevados, redución do límite de velocidade, creación de rutas escolares seguras, “laboratorio dos nenos/as”, arquitectura global e para todas e todos.

 

Desde Anova-Irmandade Nacionalista acreditamos que é posible implentar medidas facilitadoras para vivirmos nunha cidade máis humana e para todas e todos, só fai falla a vontade política que non houbo até o de agora porque outras forzas políticas non ven rentables as políticas sociais e de integración.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s