Por un concello preparado

Anova Ourense quere mostrar a súa solidariedade cos afectados polo incendio que tivo lugar o pasado sábado día 02 de maio de 2015 e que afectou aos inmóbeis situados a carón da Catedral de Ourense, no local denominado “A Casa do Pulpo”.

O pasado sábado a cidade viviu unha nova desgraza que “por sorte” non tivo máis que danos materiais. O incendio producido no casco vello da cidade pon de manifesto unha vez máis as deficiencias que presenta o corpo de Bombeiros de Ourense, os cales non contan coas ferramentas desexables para loitar contra este tipo de sucesos na zona antiga da cidade. Os vehículos pouco idóneos para esta zona como a falta de recursos persoais fan que a labor do persoal do corpo de bombeiro deba ser valorada coma un éxito, tanto pola súa rápida actuación como pola eficacia desta.

Anova Ourense quere recordar que o corpo de Bombeiros de Ourense, o cal conta con 55 persoas a día de hoxe, incumpre as recomendacións europeas as cales valoran como necesarios un bombeiro por cada 1.000 habitantes, o que correspondería ao concello de Ourense un total de 110 efectivos. Xusto o dobre dos que conta na actualidade.

É por isto que Anova Ourense, como xa ten manifestado nos últimos tempos, esixe a inmediata convocatoria de prazas para cubrir as deficiencias obxectivas dun servizo que vela pola seguridade da cidadanía de Ourense. Do mesmo xeito, e en caso de non levarse a cabo Anova promoverá desde o Concello, unha vez pasado o 24 de Maio, a convocatoria tanto destas prazas como as de Policía Local, tamén eivadas no noso concello.

Por outra banda, queremos poñer o foco na posta a disposición dos veciños e veciñas afectadas do fogar do transeúnte, ao non contar o noso concello coa infraestrutura necesaria para dar acubillo ás persoas que sufran este ou outro tipo de problemáticas e que non podan acceder a un teito, xa sexa de xeito temporal ou prolongado no tempo. Así unha das medidas propostas por Anova, baseadas na rehabilitación e/ou na conversión das vivendas baleiras nunha bolsa de vivendas sociais, dentro da cal crear unha reserva de pisos de emerxencia para atallar estas situacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s