Prioridade de Anova: a loita contra a pobreza

Ourense é a provincia galega máis castigada pola pobreza. O 23,2% da poboación ourensá, ve como se lles nega o dereito a unha vida digna e a unha inclusión social real e milleiros de nenas e nenos sufren sofren deficiencias alimentarias cada día

O Concello é a Administración Pública máis cercana á poboación e na que máis se percibe a pobreza e a exclusión social, polo que é obriga da institución municipal atender ás persoas máis vulnerables.

O voceiro local e nº3 da candidatura, Daniel Conde, na xuntanza matida co director de EAPN Galicia, Xosé Cuns.
O voceiro local e nº3 da candidatura, Daniel Conde, na xuntanza matida co director de EAPN Galicia, Xosé Cuns.

O noso candidato á alcaldía Lito Prado, mantivo un encontro coa Rede Contra a PobrezaEAPN este xoves para escoitar as propostas do colectivo e facerlles chegar unha serie de medidas de emerxencia para atallar a situación de pobreza na que viven milleiros de ourensáns. Do mesmo xeito, ANOVA Ourense mostrou o seu Compromiso coas Persoas, coa sinatura de todos os membros da candidatura ás municipais de 2015 do documento:

http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2015/03/Propostas-EAPN-Galicia-Eleccions-Municipais-2015-Concellos-para-as-persoas.pdf

Desde ANOVA Irmandade nacionalista de Ourense, promoveremos o deseño e implantación dun Plan de Inclusión Social, que abranga desde o 2015 ó 2019.

A continuación, presentamos os obxectivos urxentes a desenvolver nos 100 primeiros días:

  • Revisión da dotación orzamentaria, redistribución e incremento das partidas destinadas a emerxencia social
  • Ampliación do persoal para Servizos Sociais e o CIMM.
  • Municipalización da xestión da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas.
  • Creación dun Fondo Local contra a Exclusión Social e a Pobreza que sirva para financiar estratexias, programas e proxectos, que atallen o impacto da marxinación social e a falta de recursos da poboación máis vulnerable.

A maiores dos obxectivos urxentes que teñen que ser de aplicación desde o 1º día do mandato, Anova presenta un resumo das estratexias a desenvolver desde o 2015-2019 para erradicar a pobreza e exclusión social na nosa cidade

ESTRATEXIAS DO PLAN DE INCLUSIÓN SOCIAL LOCAL:

1ª Xeración dunha rede de pisos de aluguer social de titularidade municipal destinada a garantir o dereito á vivenda digna ás persoas en situación de exclusión social de Ourense. Implementar políticas municipais como as axudas para vivendas sociais e de rehabilitación de vivenda para alugueiro social.

2ª Creación dun Servizo de Emerxencia social que atenda ás situacións de necesidade social extrema e urxentes. Dentro deste servizo:

  • Promoverase o paso do modelo de reparto de Lotes de alimentos a supermercados solidarios, preferentemente en comercio local.
  • Revisar e reforzar o orzamento de Axudas de Emerxencia Social destinadas a proporcionar atención e axuda a persoas que atravesan unha situación vital de dificultade.
  • Prevención e detección de desafiuzamentos, erradicación da situación das persoas sen teito e das infravivendas.
  • Intervención na pobreza enerxética: establecendo mecanismos de control para que as empresas operadoras de servizos públicos esenciais (electricidade, gas, etc.) non apliquen tarifas que impidan o acceso ás familias con baixos ingresos.
  • Garantir os suministros básicos dependentes do Concello (auga, recollida de residuos, etc.) a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

3ª Estratexia Local de Inclusión Laboral dirixida a grupos excluídos socialmente, que se fixe como compromisos a redución do desemprego

4ª Extratexia de apoio á infancia do Concello en risco de exclusión social.

  • Prestación económica por filla ou fillo menor de idade, para tódalas familias con ingresos no umbral da pobreza.
  • Ampliación de servizos gratuítos de educación infantil de 0 a 3 años, e implantación de recursos de apoio escolar ás fillas e fillos en idade escolar obrigatoria.
  • Establecemento de espazos de apoio e reforzo escolar que axuden ás crianzas a equilibrar as súas oportunidades en igualdade de condicións co resto de nenos e nenas

5ª Formación dunha bolsa de inmobles do Concello que se poña a disposición de proxectos de inclusión social desenvolvidos por entidades do terceiro sector que traballen en Ourense.

6ª Adopción dunha política de contratación pública socialmente responsable que introduza de oficio en tódalas licitacións públicas locais as cláusulas sociais que favorezan a inclusión, o emprego, a accesibilidade e a economía de iniciativa social.

7ª Reactivación do Consello consultivo entre a Corporación Local e as Organizacións do Terceiro Sector de Ourense, que posibilite efectivamente a interlocución e participación, para o deseño e implementación de políticas sociais e de inclusión do Concello.

8ª Impulsar a coherencia de políticas na acción municipal para loitar de forma efectiva contra a pobreza, as desigualdades e a insostibilidade ambiental.

9ª Adoptar medidas reais e efectivas para eliminar a discriminación por motivos de xénero, etnia, idade, orientación sexual, etc. e promover a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.

10ª Promoción dunha Cidade Inclusiva, pensada para as persoas, con modelos de planificación urbanística que devolvan o espazo público ás persoas, e fuxir do actual modelo de cidade deseñado por e para homes en exclusiva.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s