Vivenda para todas. Anova propón unha suba de impostos para a nova construcción e a diminución da presión fiscal sobre a rehabilitación.

Anova-Irmandade Nacionalista reuniuse este luns 27 de abril coa Asociación de Propietarios de Fincas Urbanas de Ourense para recoller demandas do sector e expor medidas viables e necesarias para cumprir uns dos dereitos fundamentais que os poderes públicos están obrigados a garantir segundo a o artigo 47 da Constitución, o dereito a unha vivenda digna.

A pesares de ser un dereito garantido e que teñen que cumprir as administracións, cada día asistimos a máis desafiuzamentos de familias do común que como consecuencia da crise, son expulsadas pola forza da súa casa con nenas e nenos menores de idade, persoas enfermas etc. que son obrigadas e vivir na rúa, nun Estado que se considera desenvolvido e avanzado.

Para garantir ese dereito, a administración local pode e debe implementar medidas en materia de vivenda. Estas son as principais medidas incluidas no programa electoral de Anova:

Aumento dos impostos da vivenda de nova construcción, xa que en Ourense hai máis de 30.000 vivendas baleiras e non hai previsión algunha de crecemento demográfico. Potenciar as vivendas dos barrios e zonas do rural a través de axudas á rehabilitación e diminución da presión fiscal destes pisos e casas.

Absorber os postos de traballo relacionados directa ou indirectamente co sector da construcción e reorientalos cara a rehabilitación de vivenda.

Posta en marcha de xeito inmediato dun programa de aluguer social para persoas en risco de exclusión social ou con ingresos que non lle permitan a adquisición ou aluguer dunha vivenda nos prezos de mercado.

Creación dunha Empresa Municipal Pública de Vivenda na que se lle dea unha visión conxunta á zona urbana e rural da cidade, ás dotacións e infraestruturas, na que se priorice a accesibilidade e a colocación de ascensores en edificios onde sexan precisos, etc., que se fundamente noutro modelo de cidade que fuxa da especulación para darlle prioridade ao dereito á vivenda de todas e de todos.

Posta a disposición municipal das vivendas desafiuzadas polos bancos para que pasen a ser xestionadas polo concello e que regularice con prezos taxados ao seu aluguer ou venda.

– Gravame mediante taxas das vivendas baleiras en mans de bancos e caixas, cun aumento impositivo naquelas vivendas baleiras que sexan procedentes de desafiuzamentos.

Aprobación de novos proxectos de Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) en máis barrios da cidade para revitalizar esas zonas con subvencións á vivenda e melloras das dotacións: prioridade para este mandato: ARI do Vinteún.

O concello deixará de traballar con entidades bancarias que teñen executado algún desafiuzamento na nosa cidade. Por ética e convencemento, o concello non pode beneficiar en ningún caso a bancos que deixan na rúa a veciñas e veciños da nosa cidade.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s