Anova dá a coñecer o seu Código Ético para o Concello de Ourense, o máis ambicioso dos presentados ate hoxe

As persoas que representen a Anova no Concello de Ourense comprometeranse ao cumprimento dun estricto código ético baseado en 3 eixos fundamentais: fiscalización continua da representación política e auditoría cidadá; transparencia, contas claras e finanzas éticas; e reapropiación, colectiva e popular, do poder municipal.

Este martes día 28 de abril ás 12h na Rúa do Paseo, á altura do Banco de España, tivo lugar a presentación do Código Ético de Anova para o concello de Ourense.

Cómpre destacar dentro dos 3 eixos fundamentais nos que se divide o documento (fiscalización continua da representación política e auditoría cidadá; transparencia, contas claras e finanzas éticas; e reapropiación colectiva e popular do poder municipal) algunha das medidas concretas que por novidosas e rigorosas, merecen especial mención:

Facer públicas as axendas dos representantes electos, visibilizando con quen se reúnen a cotío e os temas que tratan.

– Anova facilitará os ingresos, bens e rendementos patrimoniais dos seus representantes públicos, así como aqueles datos precisos para a detección de posíbeis conflitos de intereses e para a elaboración de auditorías cidadás. Este compromiso estenderase aos catro anos seguintes á súa saída da función pública.

Reunións e asembleas dos cargos electos nos diferentes barrios e parroquias para dación de contas e marcar as liñas a seguir no concello e cunha periodicidade mínima obrigatoria de 4-6 meses.

Publicación desagregada de todos os datos referidos a ingresos e gastos de xestión a través de diferentes soportes, potenciando as TICs.

A renuncia explícita dos créditos bancarios e as doazóns de particulares que podan coartar a independencia política das candidaturas nas que vaian inseridos. As candidaturas terán un compromiso explícito de traballar coas institucións de banca ética para garantir a súa independencia e a coherencia co seu programa.

Rexeitamento e denuncia de agasallos e/ou provilexios de calquera que sexa a súa procedencia.

Limitación de mandato a dúas lexislaturas.

Cese inmediato de calquera cargo ante a imputación de delitos relacionados coa corrupción.

Revogación de cargos por mala xesión e/ou incumprimento flagrante e non xustificado do programa.

Podedes descargarlo premendo aquí -> Código ético Anova

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s