A información é poder. Por debates en pé de igualdade entre todas

Despois dos intentos por parte do Partido Popular, co amparo do PSOE, de acernar as posibilidades de debate público, aberto, transparente e participativo das forzas políticas que se presentan a estas municipais de maio de 2015, Anova quere manifestar a súa vontade de axudar a crear e participar en todos aqueles debates públicos coa única condición de que sexan transparentes e obxectivos.

Como xa se dixo na rolda de prensa de presentación da candidatura, Anova Ourense fai un chamado ao voto crítico e informado que sabe en quen delega a súa representatividade e as razóns polas que o fai.

A cidadanía debe ser quen de informarse sobre as diferentes opcións do espectro político e elixir a que máis se adapte ao seu xeito de entender o futuro da nosa cidade e non só poder ver e escoitar ás que teñen máis financiamento para desenvolver a súa campaña e pagar publicidade, é dicir, ás forzas políticas tradicionais do sistema: PP, PSOE e BNG.

As organizacións que nos presentamos a estes comicios temos a obriga de contribuír a que esa información estea dispoñíbel e que toda aquela persoa que estea interesada en formarse e informarse poida facelo de xeito sinxelo, eficaz e obxectivo.

É por isto que apoiamos a proposta do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza na cal se ofrecen a realizar este tipo de debates baixo o criterio compartido do “dereito da cidadanía a ser informada das distintas opcións políticas entre as que pode optar o 24 de maio”.

Deste xeito Anova Ourense ponse a disposición do CPXG para participar, contribuír e axudar a levar a cabo estes espazos de diálogo, alternativas e reflexión e insta ao resto de forzas a facer o mesmo e non escudarse en vellos tacticismos que tan só tentan manter ou cada vez máis pútrido e fracasado sistema bipartidista.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s