Anova presenta a súa candidatura ás municipais para cambiar Ourense. Presentámonos para #SumarCidadanía

Presentámonos para sumar cidadanía. As persoas que acreditan en Anova na nosa cidade consideran que é precisa unha alternativa que poña fin ao réxime que nos malgoberna durante décadas xa. Unha alternativa que é de esquerda, rupturista e nacionalista. E para isto é preciso que a cidadanía se sume e faga fronte ao proceso de involución vivida nos últimos anos e que pode chegar a ser peor.

Anova leva desde que naceu, aló polo xullo de 2012, loitando por mudar as cousas, tanto na nosa cidade, coma no noso país. Naquel momento un grupo de persoas moi heteroxéneo, moita dela que nunca participara en política, decidiu dar un paso adiante e organizarse para facer do noso país un lugar onde vivir con dignidade e de futuro.

Deste xeito e desde outubro do pasado ano Anova leva traballando de xeito participativo e colaborativo coa sociedade galega en diferentes documentos que sexan a folla de ruta da nosa organización. Coas aportacións da cidadanía e despois de dúas conferencias nacionais, en novembro e xaneiro, Anova consigue sacar á luz un programa marco que rexerá as políticas da nosa organización no eido local. Do mesmo xeito, un código ético, que pretende ser o poder para que a xente do común poda fiscalizar o traballo dos seus representantes, neste caso da nosa organización.

Unha candidatura do común, composta por xente valente que pretende transformar o noso concello. Un conxunto de mulleres e homes que representativos, tanto profesionalmente como xeograficamente, de Ourense. Unha candidadatura plural onde teñen cabida persoas do eido sanitario, da educación, xubilados, autónomos, da educación social… unha candidatura moi diversa, na que ademais están representados todos os barrios da nosa cidade.

Encabeza a candidatura Aurelio Prado, Lito. Pai de dúas nenas, educador de profesión e traballador da deputación de Ourense no ámbito da cultura e o xogo, cooperativista e loitador incansábel no activismo social, cultural e na defensa da lingua.

Anova preséntase para sumar cidadanía.

Sumar cidadanía para conseguir emprego para todas, temos un claro exemplo dun concello gobernado pola nosa formación, o Concello de Manzaneda.

Sumar cidadanía para conseguir unha cidade habitábel para todas, vaias en silla de rodas, sexas nena, sexas xubilado, sexas nacido en Ourense, ou sexas nacido fóra pero xa estés integrado na nosa cidade.

Sumar cidadanía para conseguir igualdade, igualdade entre homes e mulleres, xa que o co noso compoñente ideolóxico é algo vital, temos que ser quen de construír unha cidade baixo a visión da muller e do home.

Sumar cidadanía para conseguir un goberno decente e transparente, máis despois do acontecido nos últimos anos. Consideramos á cidadanía intelixente para  decidir.

O principal obxectivo é SUMAR CIDADANÍA.

 

Pero tamén estamos fondamente preocupados, xa que sería perigoso para o noso Concello de Ourense que o PP volvese a gobernar. Jesús Vázquez rodeuse de xente que fomentou un modelo urbanístico que afundiu o concello de Ourense cunha inseguridade xurídica como é a anulación do PXOM.

Non queremos para esta cidade as mesmas persoas que no seu día acabou secando as Burgas.

Jesús Vázquez rodeouse na lista de persoas como Jesús Cudeiro, que quebrou o “chiriguito” urbanístico Baltar pai, no que algo terá que dicir Baltar fillo, e que aínda por riba se levou un premio de 200.000€ como indemnización. Outra persoa que o acompaña é María Jesús Castelo, quen recalificou o Xardín das Burgas de 1.900m2 a 19.000m2 sen compensación para o público e coa seca dun dos símbolos da cidade, das Burgas.

Ese é o modelo urbanístico que o PP quere implantar no noso Concello.

Jesús Vazquez, por certo, tamén foi quen eliminou dúas titulacións da nosa universidade.

 

É por todo isto que as mulleres e homes de anova presentámonos como contraposición ideolóxica ao partido popular.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s