Ourense di: Non ao TTIP!

#NonAoTTIP                       #April18DoA

Durante as últimas décadas, as empresas transnacionais e os diferentes gobernos levan impulsado tratados de libre comercio de costas á cidadanía, vulnerando os nosos dereitos, o ambiente e poñendo en perigo a sostibilidade do planeta tal e como o coñecemos.

A falta de transparencia e de procedementos democráticos, fai imposíbel que a cidadanía sexa quen de seguir as negociacións para garantir a defensa dos intereses públicos que pretenden ser atacados, cando na contra deberan estar sendo protexidos. Na actualidade as informacións sobre estas negociacións están a ser moi sesgadas, e a desclasificación de documentos non fan máis que confirmar as sospeitas do golpe de man pretendido polos grandes lobbies e grupos de presión empresariais.

Anova leva loitado durante os últimos anos polo ben común, pola soberanía alimentaria e a do noso territorio, polos nosos postos de traballos, pola liberdade na rede, e sempre esixindo democracia. Porén, esta nesta viaxe non estamos sós, somos moitos os que defendemos estes principios e os que día a día nos atopamos nas rúas do noso país para facer ouvir as nosas voces. É no mes de maio cando no Parlamento Europeo comeza o período de ratificación do TTIP, polo tanto a mobilización e a contestación social faise imprescindible.

Por todo isto Anova Ourense – Irmandade Nacionalista súmase aos actos contra o TTIP que se desenvolverán a nivel mundial este sábado 18 de abril, e facemos un chamamento á todas organizacións, plataformas, asociacións e persoas que compartan estes principios, a saír á rúa para loitar contra este tipo de tratados, entre eles o TTIP e o CETA, que pretenden facer efectivo, máis se cabe, o trasvase da riqueza ás elites mundiais.

Aproveitamos esta nota para conmemorar tamén o día da Loita Campesiña, celebrado anualmente o día 17 de abril. Ámbalas reivindicacións inseparábeis, debido ao ataque furibundo que o TTIP e o CETA pretenden levar a cabo contra as labregas e labregos, contra o noso rural e contra a soberanía alimentaria do noso país.

2015-04-18 11.42.32

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s