Anova Ourense presenta a súa candidatura para ofrecer unha alternativa transformadora á cidadanía de Ourense

Anova – Irmandade Nacionalista de Ourense decide en asemblea, participar nas eleccións municipais de maio deste ano para ofrecerlle á cidadanía una alternativa aos partidos tradicionais do sistema que teñen representación no Concello e que non foron capaces de xestionar e facer oposición pensando nas persoas e si nos seus intereses propios

A nosa organización política, liderada por Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, foi constituída hai máis de 2 anos e medio agrupando a persoas procedentes de movementos sociais, partidos políticos, e unha maioría que nunca participou en política, co obxectivo de construír una alternativa político-social ante a incapacidade dos partidos do Réxime e a desafección con estes de boa parte da cidadanía que non se sentía representada por ningún dos existentes.

Despois desde case 3 anos, participando en diferentes movementos sociais, plataformas e apoiando e escoitando aos colectivos máis desfavorecidos, ás vítimas máis vulnerables desta crise sistémica que ten causado tantas mortes, consecuencia directa dos recortes e das políticas fascistas do Partido Popular, consideramos que a nosa cidade precisa una alternativa nacionalista e situada na esquerda rupturista que consiga antepor os intereses da cidadanía máis agredida fronte aos grandes investimentos, despilfarro de diñeiro público e non priorización dos problemas reais da xente do común, da xente dos barrios, da xente de Ourense. Un cambio radical ás políticas do actual concello de Ourense (des)gobernado polo PSOE e en coalición co BNG no inicio deste mandato.

Consideramos que os proxectos políticos non deben ser máis que instrumentos formados por persoas do común, non políticos profesionais, unidas pola necesidade ética de mudar a realidade, diagnosticar e identificar os problemas da xente para darlles solución en prol do benestar e do ben común. Para iso, estas persoas adican despois da súa xornada laboral ou estando desempregadas, parte do seu tempo persoal en escoitar á xente e tentar buscarlle solución ás necesidades urxentes e numerosas que existen na nosa cidade.

Por todos os motivos explicados e porque temos una responsabilidade coa xente que non se sinte representada polas fórmulas partidarias tradicionais que se teñen demostrado incompetentes para arranxar os problemas da cidadanía, Anova, por coherencia, presenta a súa candidatura para as eleccións do 24 de maio.

Tentamos, e agardamos conseguilo, que a nosa candidatura sexa o máis plural e representativa da xente que vive e traballa na nosa cidade: un mestre, un técnico superior en produción por mecanizado, unha politóloga desempregada, un educador social, unha enfermeira, un albanel, un informático, un ordenanza, un funcionario de prisións, un profesor de instituto xubilado, etc. de diferentes idades, pero una candidatura nova e formada nomeadamente por xente nova e con ilusión por mudar o seu futuro e a súa realidade. Todo isto buscando a representación dos diferentes barrios da cidade para termos un contacto real e fidedigno das carencias de cada un dos distritos de Ourense.

Agardamos contar coa confianza das e dos ourensáns e que se sumen ao noso proxecto para aportar suxestións e ideas para facer política de outra maneira, para fiscalizar e sermos escrupulosos co público que é de todas e de todos desde a honestidade e humildade, sermos o instrumento que consiga trasladar e darlle solución aos problemas reais da xente en lugar de crear máis.

A nova forma de traballar polo ben común!

 

 

 

Advertisements

2 comentarios en “Anova Ourense presenta a súa candidatura para ofrecer unha alternativa transformadora á cidadanía de Ourense

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s