Anova-Ourense retira o seu apoio á plataforma Ourense en Común

Anova-Irmandade Nacionalista de Ourense tivo unha asemblea o mércores día 8 de abril ás 20:00 no que se valoramos, entre outros puntos, a continuidade ou retirada do apoio na plataforma Ourense en Común.

Tras un longo debate no que se expuxeron opinións tanto a favor como en contra de continuar na plataforma moitos militantes valoraron que Ourense en Común xa non era o lugar de confluencia que pretendía ser no seu inicio e máis despois da retirada do apoio de organizacións como Podemos, Compromiso por Galicia, Iniciativa por Ourense e outros referentes sociais da cidade así como de numerosas persoas que tiñan colaborado desde o inicio da plataforma.

Un 20% da militancia votou a favor de manter o apoio da nosa organización a Ourense en Común mentres que un 57% da militancia votou a favor de retirarlle o apoio á plataforma. A abstención obtivo un 23% dos votos da militancia.

Desde Anova-Irmandade Nacionalista trasladamos os resultados do debate e da votación no que a maioría da militancia presente decidiu retirar o apoio que coma organización política se expresa ao proxecto de Ourense en Común, dados os acontecemos das últimas semanas no que desde o noso punto de vista se abandonaron os valores e principios fundacionais da Plataforma e deixou de ser o proxecto rupturista que aporte solucións á cidadanía de Ourense.

Anova-Irmandade Nacionalista de Ourense celebrará unha nova asemblea o próximo luns 13 de abril para valorar as alternativas e tomar unha decisión sobre as próximas eleccións municipais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s