Por que a dereita ultracatólica pula por propiciar embarazos en nenas e adolescentes?

O Grupo de Acción Feminista de Anova, ante a Proposta de Lei Orgánica do PP, con data 18 de febreiro de 2015, pola que quere restrinxir o dereito ao aborto das mozas de 16 e 17 anos, deixándoas en total indefensión ante a imposición de levar a termo un embarazo por parte de quen ostente a súa custodia ou patria postedade, quere manifestar o seguinte:

Hai un estraño e perverso pracer, na dereita máis ultracatólica, por propiciar embarazos en nenas e adolescentes. Só así se entende este precipitado intento de modificar a lei existente. Unha lei que protexía ás menores da imposición de ser nai, por parte de quen ostente a súa custodia (titores,nais,pais…).

Na inmensa maioría dos casos, existe coincidencia de intereses e apoio familiar ante unha interrupción voluntaria de embarazo en menores. A lei cubría ata agora tamén, os dereitos daquelas mozas que, polas razóns que fosen, non coincidía o seu desexo de abortar, co da familia ou titores legais, que pretenderan que o embarazo se levase a termo. A lei aseguraba que no caso de darse este conflito, a vontade da menor prevalecía. Mesmo asegurábase, o seu dereito a non comunicarllo á familia se así o decidía.

As feministas de Anova e doutros colectivos, así como a xente de ben en xeral, temos que estar ao carón destas mozas. Temos que facerlle entender dunha vez ao Partido Popular e á dereita ultracatólica fundamentalista que representa, que cos dereitos das nenas, das mulleres e das moças, non se fai mercadeo político, pois esta reforma responde a un intento do goberno por contentar á extrema dereita e recuperar parte dos votos que están a perder coa súa política de austericidio.

Desde Anova apoiaremos todas as iniciativas que o movemento feminista na Galiza, leve adiante para frear este novo ataque do fanatismo relixioso e o extremismo político contra os dereitos das mulleres.

concentracions 23F

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s