A asemblea de Anova Ourense acorda, por unanimidade, dar o seu respaldo á plataforma cidadá Ourense en Común

A aposta de Anova – Irmandade Nacionalista polas frontes amplas é un sinal de identidade dende a súa fundación. En xullo de 2014 Anova apostou pola constitución de plataformas de unidade popular para poder gañar os concellos galegos. Esta posición foi materializada este xoves pola militancia de Anova en Ourense.

asemblea confluenciaA militancia de Anova – Irmandade Nacionalista leva meses apostando clara e publicamente polas candidaturas de unidade popular ao longo do país, xa sexa por medio dos seus voceiros nacionais Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras, como na propia cidade das Burgas coa participación a título individual das edos militantes de Anova Ourense, desde o primeiro momento, da iniciativa cidadá Ourense en Común.

Despois do respaldo a nivel nacional na última Conferencia Nacional sobre Municipalismo de Anova celebrada o mes pasado na cidade de Vigo e tras a participación por parte de militantes da organización na redacción diferentes textos como o Regulamento para unhas primarias cidadás ou o Regulamento de Participación e Código ético, de Ourense en Común, a asemblea local de Anova Ourense decidiu, por unanimidade, o apoio á candidatura cidadá Ourense en Común.

Anova Ourense opta así pola participación plena, e baixo o principio de adscrición individual, na iniciativa popular, na que se traballa para conseguir a confluencia de todo o espectro rupturista da sociedade ourensá, xa sexa organizada ou non organizada politicamente. Este xesto non fai máis que afianzar o compromiso de Anova Ourense coa cidade que lle da nome, e espera que esta alternativa ampla sexa quen de empoderar a xente do común que habita o concello de Ourense.

Brolda prensa confluencia, dani conde, tania bouzo, robert figueirasaixo os parámetros esenciais, compartidos por Anova Ourense, da transparencia, a participación e a horizontalidade Ourense en Común estará chamada a ser fórmula que de un xiro de 180º á xestión dun concello que fica paralizado e sen ideas.

Anova – Irmandade Nacionalista de Ourense considera fundamental que as forzas políticas que teñen militantes traballando en Ourense en Común demostren a súa xenerosidade e amosen a vontade de construción dunha verdadeira candidatura de unidade popular no noso concello para as próximas eleccións municipais. Do mesmo xeito, Anova Ourense mantén a esperanza de que outras forzas que a día de hoxe non están a participar pero que comparten eixos programáticos con Ourense en Común dean un paso valente cara a creba e antepoñan o interese xeral da cidadanía ao particular das súas cúpulas dirixentes.

rolda prensa confluencia, dani conde, tania bouzo, robert figueiras 2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s