Anova co pobo grego. Contra a política do medo e a chantaxe

A incapacidade do goberno grego para conseguir unha maioría de apoio ao candidato conservador á xefatura do Estado leva consigo, segundo a lexislación grega, a convocatoria de eleccións xerais que se celebrarán, con toda probabilidade, a finais de xaneiro do ano que entra.

tsipras_beiras_lidia_martinhoAs enquisas publicadas dan dende hai tempo a Syriza como organización política favorita para gañar os ditos comicios. A posibilidade de que esta rexeite novos “rescates” e formule a revisión da débeda pública está xa a facer tremer aos “mercados” e aos poderes non electos da chamada troika (FMI, Comisión Europea e BCE).

Como primeiros efectos desta aversión do capital á democracia, a bolsa grega esboroouse e o FMI, co acordo da UE, vén de suspender —nun xesto de pura chantaxe mafiosa— as axudas a Grecia até a celebración das eleccións anticipadas.

Isto non acaba máis que de comezar. Nas vindeiras semanas asistiremos a un bombardeo mediático e a un despregue de medidas económicas represivas co pobo grego para amedrentalo e para que, como diría Noam Chomsky, “vote ben”.

Tras décadas de apropiación polo neoliberalismo do termo Democracia, as maiorías populares do sur europeo —das que Galiza forma parte— enfróntanse, con Grecia como primeiro escenario da batalla, á confrontación secular entre capitalismo e soberanía popular.
Dende Anova queremos mostrar a nosa solidariedade co pobo grego e expresarlle o noso apoio para que exerza en liberdade –na liberdade dos non aferrollados pola dependencia económica– a súa soberanía.

Volvemos hoxe cantar, como fixemos en Santiago de Compostela durante a visita do líder de Syriza, Alexis Tsipras, na campaña das eleccións europeas que levo a Lidia Senra a Europa, o retrouso do Zeca Afonso:

O POVO É QUEM MAIS ORDENA!
Que se lixe a Troika!

tsipras_lidia

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s