Anova-Ourense denuncia que a Casa da Xuventude gasta 500 euros nun obradoiro sobre o “amigo invisible”

Anova-Ourense ven denunciando que, durante os derradeiros anos de goberno da Xunta, a presenza de mozos e mozas na Casa da Xuventude viuse gravemente reducida por mor da falta de actividades e a mala xestión da Xefatura Territorial da Xunta, que creou un posto de coordinación de actividades para unha persoa sen coñecemento da dinamización xuvenil ou animación sociocultural. Trámites burocráticos que esixen solicitar espazos con antelación, salas pechadas e baleiras, así como recursos materiais sen empregar é o día a día da Casa da Xuventude na cidade de Ourense. Unha censura constante a todas aquelas actividades que podan atraer público xuvenil.

Onte (xoves) ofreceuse, dentro da programación da Casa da Xuventude, un Obradoiro do “amigo invisible”, taller no que a Casa da Xuventude gasta 500 euros. Non haberá actividades máis necesarias e pertinentes para a mocidade na que gastar os orzamentos?

Parece una broma de mal gusto e unha demostración da alienación e falla de empatía que demostra a Consellaría de Traballo e Benestar (da que depende a Casa da Xuventude) que, nestes tempos de crise económica, con desafiuzamentos en marcha, con EREs e o paro aumentando na nosa provincia, con soldos minguantes e con pagas extra eliminadas e recortadas, coa metade dos desempregados sen cobrar prestación ningunha,… a Casa da Xuventude da autodenominada prima de Feijoo non teña outra ocorrencia que facer un obradoiro de “amigo invisible: ideas para regalar” ao que, segundo as nosas información, acudiron 6 persoas

Por outro lado, ademais da escasez de propostas de calidade e orientadas á mocidade, así como o derroche de orzamento en cada unha delas, temos que sumar que se organizan actividades de escaso ou nulo interese para a mocidade, como é o “Obradoiro de relaxación emocional a través de técnicas de Ioga Tibetano”, que entendemos non ten como público principal a mozos e mozas.

Dende Anova Ourense – Irmandade Nacionalista propoñemos utilizar os recursos deste espazo, en accións que fomenten a participación da xuventude, actividades e obradoiros baseados en propostas de persoas mozas e non so as impostas pola coordinación de actividades. Reiteramos tamén as nosas reivindicacións dunha estrutura da web que facilite a participación, renovación do Consello de xestión cunha maior autonomía na dirección e menor inxerencia da Xefatura territorial da Xunta no funcionamento, fomento do asociacionismo e grupos informais, e por suposto que se integren na Casa, trámites administrativos como achegas de información e dispensación de carnés xoves, ISIC, alberguistas, etc., que a día de hoxe realízanse na área de xuventude, fóra da propia Casa.

 

Cartaz no que a Casa da Xuventude ofertaba o obradoiro
Cartaz no que a Casa da Xuventude ofertaba o obradoiro
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s