Día internacional das persoas con discapacidade: Cara unha Lei de dependencia digna

Hoxe, 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade, que suman mil millóns en todo o planeta.

A conmemoración deste día instaurouse por Nacións Unidas en 1992 co obxecto concienciar á sociedade da existencia desta cidadanía e das súas necesidades. Este ano a xornada ten como lema “Desenvolvemento sostible: a promesa de tecnoloxía”. Máis falar do desenvolvemento de tecnoloxía no Estado Español resulta cínico, mentres asistimos ao afán do Goberno recortar cada vez máis os orzamentos para investigación no ámbito público, como serían as universidades, e deixando todo o avance tecnolóxico en más da iniciativa privada. Isto tradúcese nun máis elevado custo para as persoas con discapacidade á hora de acceder ás novas tecnoloxías que poderían ofrecerlles unha maior calidade de vida.

A obstinación do Partido Popular en facer negocio, en lugar de crear servizos públicos para garantir o acceso da cidadanía aos recursos que precisa, non so se observa nos programas de investigación. Mentres se invisten miles millóns de euros en dotar de recursos e infraestruturas, no caso da atención a poboación con discapacidade, podemos falar por exemplo de centros de día e residencias, construídos e equipados con fondos públicos, para despois entregar a empresas privadas a súa xestión, permanecendo moitas delas pechadas a pesares de estar sendo financiadas cos cartos de cada un de nós. Están facer negocio á nosa conta.

Por outra banda, a pesares do incremento da esperanza de vida da poboación, as enfermidades crónicas, os problemas cardiovasculares, o aumento dos casos de cancro e de trastornos mentais, entre outras, indican un aumento futuro da poboación afectada por diversas discapacidades. Problemática que non so non está a ser atendida, polo Goberno do Partido Popular, senón que desmantelou o sistema de atención que se plantexaba mediante a Lei de Promoción da Autonomía persoal e atención á persoas en situación de dependencia e facendo desaparecer o Plan de Acción para as persoas con discapacidade.

Xa o Comité Español de Representantes de Persoas con discapacidades ten advertido das graves consecuencias dos cambios en medidas como o copago, e dende Anova Ourense, apoiamos a súa reivindicación, que plasman na posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para modificar a Lei de Dependencia e establecer criterios máis claros, xustos e iguais en relación coa capacidade económica e a participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficiarias.

Por todo isto, desde Anova Ourense – Irmandade Nacionalista, instamos ó Goberno do Partido Popular a que asuma a súa responsabilidade enfocando a súa actuación cara o fomento da calidade de vida das persoas con discapacidades, evitando a súa exclusión do acceso aos recursos por falta de medios económicos, en lugar de descargar a súa responsabilidade sobre as familias e na maioría dos casos, nos ombreiros das mulleres, que teñen que deixar a súa vida ao coidado dos seus, ao non estar cuberto polo ente público os servizos necesarios para unha vida digna de calquera tipo de persoa.

discapacidade

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s