Anova Ourense denuncia as verteduras residuais ao río Miño

A nosa cidade, volve a ser triste protagonista da contaminación sufrida nos nosos ríos e regatos. Nos últimos días, debido as intensas choivas, vimos observando como os colectores da cidade que verten as augas directamente ao Río Miño ao seu paso pola cidade, están a funcionar a pleno rendemento.

A reducida capacidade de tratamento, das estacións depuradoras de augas residuais da cidade, fan que se opte por dar saída directamente ás verteduras residuais e pluviais ao caudal do río, emporcando e contaminando as súas augas e ribeiras.

A empresa que xestiona a rede de saneamento, Viaqua, ten autorizados estes derrames, tanto ao Miño como ao Barbaña en momentos nos que as precipitacións intensas poidan supoñer un colapso na estación depuradora ou sobrepasen a capacidade de transporte do propio sistema de abastecemento, e aproveita esta permisividade tanto do concello como da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para dar saída aos seus problemas de xestión.

Desde Anova Ourense – Irmandade Nacionalista quere denunciar estas verteduras directas no noso río. Nelas a simple vista aprécianse papeis, plásticos e demais desperdicios que van a parar directamente as augas e se mesturan coa fauna e a flora do noso entorno fluvial.

Do mesmo xeito desde Anova Ourense – Irmandade Nacionalista queremos rexeitar a permisividade e compracencia coa que o Concello de Ourense, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil actúan coa compañía concesionaria da xestión de augas da cidade, así como a falta de capacidade para solucionar esta problemática, nun país como Galiza, no que é común a choiva en grandes cantidades.

verteduras miño 2014-10-16 2 Verteduras miño 2014-10-16

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s