Anova aposta pola confluencia nacional de mareas e outras fórmulas cidadás para dar a batalla tamén nas Deputacións

Cómpre procurar solucións técnicas e políticas para que exista unha fórmula electoral que xunga ás mareas que xurdan e que, entre outros obxectivos, sirva para dar a batalla polas Deputacións, administración notoriamente reforzada tras a reforma local.

CN 06.09.2014A Coordinadora Nacional (CN) de Anova, celebrada hoxe en Teo, aprobou un documento que define a constitución dun comité de política municipal para a elaboración de propostas programáticas para os concellos, así como para o estudo de propostas técnico-político-legais para a conformación dun proxecto nacional para as municipais. A tal efecto, ábrese un período de 15 días para que as localidades/comarcas envíen informes da situación e as propostas de forma das candidaturas.

Para a CN as distintas formas organizativas de Mareas, así como outras fórmulas, como Ourense en Común ou Somos Maioría, son expresións que van no camiño apuntado por Anova de apoiar, promover e potenciar, que non tutelar, iniciativas amplas de base cidadá, polo que cómpre tamén achegar nestes ámbitos tanto solucións a nivel interno como externo, que axuden a rematar con éxito esta aposta e os propios procesos a nivel local.

A conformación, a nivel nacional, dunha única forma electoral, expresión dos procesos e candidaturas a nivel local, debe ser tamén obxectivo de Anova e resultado do proceso en marcha. A cuestión e o correlativo debate é politicamente salientábel, por canto a forma concreta de candidatura ten transcendencia tamén aos efectos da posterior conformación das deputacións provinciais.

Así, o art. 44 da LOREX só permite a presentación de candidaturas a partidos ou federacións (inscritos no rexistro de partidos), a coalicións electorais (só entre partidos ou federacións, previamente rexistrados) ou a agrupacións de electores (con recollida de sinaturas autenticadas, en número mínimo fixado no art. 187 da LOREX). En consecuencia, as candidaturas de unidade só poden formalizar candidaturas ou ben rexistrándose como partido (ben a nivel local, ben a nivel territorial) ou ben como candidatura de electores a nivel municipal (forma esta que non permite a coalición supra-municipal). Deste xeito, cómpre procurar solucións técnicas e políticas para que exista unha fórmula electoral que xunga ás mareas que xurdan e que, entre outros obxectivos, sirva para dar a batalla polas Deputacións, administración notoriamente reforzada tras a reforma local.

Noutra orde de cousas, a Coordinadora Nacional tamén tratou diferentes cuestións relativas á vindeira Asemblea Nacional, cuxo plenario se celebrará en Compostela os días 11 e 12 de outubro e terá varias xeiras previas polo país este mesmo mes.

Documento aprobado na Coordinadora Nacional
Documento de avance para as aleccións municipais aprobado na CN de Anova-IN do 6 de setembro de 2014.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s