Ourense con Palestina: Luns, 14 de xullo ás 20:00 na Praza do Ferro de Ourense

O brutal asedio ao que o Estado de Israel somete Palestina, incrementado despois do asasinato ainda sen esclarecer de tres fillos de colonos israelís, a situación da Faixa de Gaza tornouse insustentábel.

Ourense con palestinaBombardeos indiscriminados do exército que levan provocado máis dun cento de mortes, a maioría de civís, mais de vinte de de nenas e nenos; ataques xenófobos dentro das fronteiras do estado de Israel  nunha “caza ao palestino” que lembra a persecución sufrida polos xudeus na Europa dos anos 30; indiferenza e silencio da comunidade internacional -cando non apoio explícito- diante do masacre; tergiversación da realidade nos grandes medios de comunicación mundiais, empeñados en mostar a agresión como unha guerra entre iguais…

Por iso BDS-Galiza e Mar de Lumes, en colaboración coa Agrupación Cultural Auriense, Anova-Irmandade Nacionalista, Bloque Nacionalista Galego, CIG, Colectivo Cidadán Anacos da Cidade, Colectivo Estudantil Libertario, Comités Abertos, CUT, Galiza Nova, Isca!, a Liga Estudantil Galega, Podemos e STEG-Ourense, convocan a cidadanía ourensá a unha concentración de solidariedade co pobo palestino este luns dia 14 de xullo a partir das 20 horas na Praza do Ferro para mostrar a repulsa a esta barbarie protagonizada por Israel e a solidariedade co pobo da Palestina.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s