83 anos da I República Galega

Fai hoxe un ano, falabamos por estes lares da I República Galega, 83 anos despois da proclamación desta, démoslle unha nova volta.

Os problemas debido a paralización das obras do ferrocarril fixeron agromar uns ideais de clase que máis tarde unidos á cuestión nacional rematou por dar o rexurdir da nación galega como ente soberano.

O 13 de Xuño de 1931, o galeguismo da época, reunido en mitin no Xardín do Posío, en Ourense, centra o seu discurso na solidariedade coa paralización dos camiños de ferro na Galiza, o que afectaba naquel momento a miles de traballadoras e traballadores das clases populares. Deste xeito o nacionalismo, ao carón da sociedade agredida, se adhería as reclamacións obreiras daquel momento. A partir daquel momento diversos nacionalistas comezaban a escribir na prensa a sobor da cuestión, é o caso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou Basilio Álvarez.

A indignación vai en aumento e o 17 de xuño, máis de 700 persoas, carrileiros na súa maior parte da zona de Silleda e do Ulla mobilízanse en Compostela, reclamando unha folga xeral, todo isto a poucos días das eleccións xerais republicanas.

Xa en días posteriores, de novo na cidade de Ourense, preto de mil traballadores convocan a folga xeral, da cal todos os concelleiros e alcaldes dos partidos progresistas galegos deciden secundar a excepcións dos do PSOE, afíns ao goberno central e aos seus ministros cos cales compartían organización. Deste modo, xa na madrugada do 25 de Xuño, no propio Concello de Ourense álzase a bandeira galega e ante o fervor social, proclámase por primeira vez República Galega.

Debido a todos estes feitos, o día 26 de Xuño, na praza da Quintana en Compostela, ten lugar un grande mitin no que se reivindica a loita pola continuación dos camiños de ferro. Neste mitin toman a palabra numerosos obreiros e cidadáns. De aquí emanaron propostas claramente de carácter rupturista como a deixazón de contribución mediante impostos ao goberno central, a petición de abstención nos comicios, a dimisión das autoridades ou o inicio dun proceso revolucionario que comezase cunha folga xeral.

O mesmo día na Alameda de Ourense, ten lugar unha grande asemblea obreira e popular na que participan delegacións de todo o país onde se acorda a folga xeral en toda Galiza a partires do día seguinte. Esa mesma tarde os asembleístas acuden ao Goberno Civil, onde despois de racharen a bandeira tricolor española penduran a bandeira galega ao berro de VIVA GALIZA!

Desde o Comité Revolucionario Arredista de Cuba celebrábase a proclamación da República Galega.

Xa o 27 de Xuño, unha gran mobilización en Compostela diríxese cara a Casa do Concello entre os que destacaban Antón Alonso Ríos ou Carnero Valenzuela, quen afirmou desde aló:

“Isto ten que rematar e rematará por riba de todo. Galiza demostra ben ás claras que está en pé, en aberta revolución para acadar a súa liberdade, a súa autonomía ea súa independencia absoluta, non nos interesa a República Federal Española, senón a República Galega”.

Antón Alonso Ríos entre outras cousas proclamaba:

“Facemos a nosa revolución por riba de todos os poderes centrais incorridos por ter, proclamando a independencia. Nos gobernos civís agóchase o máis denigrante caciquismo. As candidaturas formadas ate o de agora están plagadas de caciques. A verdadeira vontade galega, democraticamente revolucionaria, aínda non deixou ouvir a súa voz, e eu conxúrovos, cidadáns, a que de unha vez fagamos a nosa revolución, por riba de todos os poderes centrais, habidos e por haber, proclamándose a nosa independencia e abrazándose, se fai falla, cariñosamente a Portugal, a nosa irmá. (…) Xúrovos solemnemente que se chego ao Parlamento pedirei con todas as miñas forzas a confección dunha constitución desexable, a consolidación da República unitaria(…) Cidadáns, imos a facer a revolución, se é preciso coas armas na man (…)”

Cara as 23h no balcón do Concello de Compostela ízase de novo a bandeira galega e proclámase a República Galega.

A maoría social agredida do momento daba conta do momento social do país, marcando un antecedente no camiño cara a soberanía e a autonomía da nación galega, o cal remataría co apoio masivo ao estatuto de autonomía anos despois.

83 anos republica galega

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s