Por un referendo e un proceso constituínte

O Grupo Parlamentar da Esquerda Unitaria Europea (GUE-NGL), ao que pertence a nosa deputada Lidia Senra, vén de comezar a promover un documento por un proceso constituínte no Estado que garanta o dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro.

lidia_beiras

Por un referendo sobre o futuro da Xefatura do Estado no Estado Español

O pasado 2 de xuño, o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou a abdicación do Xefe do Estado, Xoán Carlos I de Borbón, tras 37 anos de reinado.

Segundo se puido saber polos medios de comunicación, a abdicación víñase preparando en segredo desde había algúns meses e formúlase agora coma un proceso exprés para que o seu sucesor dinástico, Filipe de Borbón, poida asumir a xefatura do Estado coa maior brevidade posible e ser coroado nas próximas semanas.

Todo o proceso se formulou coma un cambio acelerado na coroa (con trámite de urxencia parlamentario incluído) sen permitir debate cidadán ningún. Todos e cada un dos pasos viñeron deseñándose en segredo desde hai algúns meses, e o proceso formúlase como un pacto nos despachos e a porta pechada, ás costas dos cidadáns e cidadás.

A cidadanía reclama hoxe en día en toda Europa un maior protagonismo na esfera pública, e é responsabilidade dos gobernantes permitir que as cuestións que afectan ao máis elemental do goberno de calquera país poidan ser debatidas e decididas de forma democrática. Por iso, non entendemos que en pleno Século XXI se prive a cidadanía do poder de decisión dun aspecto tan importante para a configuración dun país como é a súa xefatura de Estado e se formule o relevo en forma de secuestro democrático da decisión popular.

Unha das razóns da altísima abstención nas últimas eleccións europeas ten que ver precisamente coa distancia da cidadanía, arredada da toma de decisións de especial transcendencia que afectan ás súas vidas e non son sometidas á súa consideración.

É responsabilidade de todos e todas as europeas definir e traballar por unha democracia plena que permita someter a debate e a sufraxio os elementos esenciais do sistema de goberno, en Europa e nos Estados membros, e que garanta o dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro e sobre a maneira en que desexan relacionarse cos Estados dos que hoxe fan parte.

Neste sentido, cremos que no Estado Español debe abrirse un proceso constituínte en que se resolva a forma de Estado e que parta do respecto ao dereito a decidir dos pobos que conforman a súa realidade plurinacional e son suxeitos políticos, por tanto, con dereito a decidir como tales.

Por todo iso, as deputadas e deputados do Parlamento Europeo abaixo asinantes queremos expresar o noso apoio ás reivindicacións democráticas no Estado Español. Por esa razón, pedimos:

1) Que se permita a celebración dun Referendo no Estado Español arredor do futuro da monarquía, que permita á cidadanía elixir libremente a forma de Estado que prefire, monárquica ou republicana, para abrir un proceso constituínte en que ao tempo que se resolve a forma de Estado se recoñeza o dereito a decidir dos pobos que conforman a súa realidade plurinacional.
2) Rexeitamos a maneira en que se conduciu o proceso desde hai meses, con pleno secretismo e evitando toda clase de debate, e mais a urxencia do trámite, que só pretende evitar o debate.
3) Damos apoio ás movilizacións que estes días se están producindo nas rúas de todo o Estado e que reclaman un referendo sobre a forma de Estado.
4) Pedimos ás formacións políticas representadas no Congreso dos Deputados e no Senado que voten en contra da Lei Sucesoria que apontoará o proceso e se someterá a votación este mércores día 11 de xuño.
5) Esiximos ao Goberno español que reformule e deteña o proceso e, en diálogo co conxunto das forzas políticas, reconduza a situación para permitir un debate e unha decisión democrática sobre o futuro da Xefatura do Estado para abrir un novo proceso constituínte.

Asinantes:

 

1.     Lidia Senra (GUE/NGL)

2.     Ernest Urtasun (ICV, Catalunya)

3.     Willy Meyer (GUE/NGL)

4.     Marina Albiol (GUE/NGL)

5.     Paloma López (GUE/NGL)

6.     Ángela Vallina (GUE/NGL)

7.     Josep Maria Terricabras (ERC, Catalunya)

8.     Ernest Maragall (NEC, Catalunya)

9.     Jordi Sebastià (Compromís, País Valencià)

10.   Raül Romeva (ICV, Catalunya)

11.   Iñaki Irazabalbeitia (Aralar, Euskadi)

12.   Pablo Iglesias (GUE/NGL)

13.   Lola Sánchez Caldeney (GUE/NGL)

14.   Pablo Echenique Robba (GUE/NGL)

15.   María Teresa Rodriguez-Rubio Vazquez (GUE/NGL)

16.   Josu Juaristi (GUE/NGL)

17.   Marisa Matias (GUE/NGL)

18.   Alda Sousa (GUE/NGL)

19.   Marie-Christine Vergiat (GUE/NGL)

20.   Lynn Boylan (GUE/NGL)

21.   Manolis Glezos (GUE/NGL)

22.   Jean-Luc Melénchon (GUE/NGL)

23.   Omarjee Younus (GUE/NGL)

24.   Nikola Vuljanic (GUE/NGL)

25.   Matt Carty (GUE/NGL)

26.   Liadh Ni Riada (GUE/NGL)

27.   Martina Anderson (GUE/NGL)

28.   Vera Flasakova (GUE/NGL)

29.   Jiri Mastalka (GUE/NGL)

30.   KaterinaKonecna (GUE/NGL)

31.   Kostas Chrysogonos (GUE/NGL)

32.   Giorgos Katrougalos (GUE/NGL)

33.   Dimitris Papadimoulis (GUE/NGL)

34.   Kostadinka Kuneva (GUE/NGL)

35.   Savoraka Sofia (GUE/NGL)

36.   Cornelia Ernst (GUE/NGL)

37.   Thomas Händel (GUE/NGL)

38.   Martinma Michels (GUE/NGL)

39.   Sabine Lösing (GUE/NGL)

40.   Stephan B. Eck (GUE/NGL)

41.   Anja Hazeliamp (GUE/NGL)

42.   Eleonora Forenza (GUE/NGL)

43.   Barbara Spinelli (GUE/NGL)

44.   Curzio Maltese (GUE/NGL)

45.   Malin Björk(GUE/NGL)

46.   Merja Kyllönen (GUE/NGL)

47.   Neoklis Sylikiotis (GUE/NGL)

48.   Takis Hadjigeorgiou (GUE/NGL)

49.   Nikolaos Chountis (GUE/NGL)

50.   Kartika Liotard (GUE/NGL)

51.   Philippe Lamberts (Écolo, Bélgica, Co-Presidente Greens/EFA)

52.   Ska Keller (Bündnis 90/Grüne, Alemania)

53.   Jan Philip Albrecht (Bündnis 90/Grüne, Alemania)

54.   Terry Reintke (Bündnis 90/Grüne, Alemania)

55.   Martin Häusling (Bündnis 90/Grüne, Alemania)

56.   Gerald Häfner (Bündnis 90/Grüne, Alemania)

57.   Ulrike Lunaček (Die Grünen, Austria)

58.   Michel Reimon (Die Grünen, Austria)

59.   Monika Vana (Die Grünen, Austria)

60.   Eva Lichtenberger (Die Grünen, Austria)

61.   Bart Staes (Groen!, Bélgica)

62.   Margrete Auken (SF, Dinamarca)

63.   José Bové (EELV, Francia)

64.   Yiannick Jadot (EELV, Francia)

65.   Karima Delli (EELV, Francia)

66.   Sandrine Bélier (EELV, Francia)

67.   Benedek Jávor (PM, Hungría)

68.   Rui Tavares (LIVRE, Portugal)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s