Samuel Juárez encubre o racismo e a xenofobia coas súas declaracións

Anova condena a valoración do delegado do Goberno , Samuel Juárez, que considera que a detención dun apoderado do PP por racismo e atentado “non ten maior importancia”

CC BY-NC-SA Certo Xornal
CC BY-NC-SA Certo Xornal

Anova Ourense quere trasladar o seu malestar pola valoración de Samuel Juárez, delegado do Goberno en Galiza, que resta importancia á detención dun apoderado do seu partido por proferir insultos racistas á presidenta dunha mesa electoral de orixe colombiano, no barrio ourensán das Camelias, así como insultos aos restantes membros da mesa electoral, entre eles un apoderado de Anova, que tivo que chamar á policía ante a agresividade do militante do PP. Cando chegaron as forzas de seguridade, resistiuse a abandonar o local, mentres agredía aos policías, polo que foi detido.

Condenamos a connivencia co racismo que transmite o Delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, máis preocupado de tapar as miserias racistas do seu partido que en amosar unha postura clara en contra. Agora mesmo, o Partido Popular é o casa común de militantes que protagonizan actos violentos e profiren expresións xenófobas, portan bandeiras nazis e franquistas, os seus cargos intermedios as desculpan e encubren, os seus candidatos están abonados ao machismo máis rancio e seus alcaldes teñen fotos de dictadores no despacho.

A dobre vara de medir do PP é tal que mentres se criminalizan usuarios das redes sociais e se lanzan redadas e detención contra usuarios delas, as súas amenazas reais e violentas despáchanas como “un incidente menor”, palabras coas que as definiu Samuel Juárez.

Queremos condenar a dobre vara de medir deste cargo público que minimiza estes feitos violentos dun militante do seu partido e que sen embargo persigue, detén e criminaliza a mozas e mozos que pacificamente exercen o seu dereito de expresión e manifestación: defensa da lingua, do ensino, dos postos de traballo, etc.

Juárez, que debera ser ecuánime nas súas valoracións, xa que representa a toda a cidadanía e non só á que milita no PP, considerou que “se todos os incidentes da xornada electoral son coma ese, dase por satisfeito”. Resulta incomprensible que un cargo público manifeste sentirse satisfeito e non condene a violencia e o racismo, veña de quen veña. Desde Anova, consideramos que se non condena firmemente estes feitos, estaos a lexitimar, colocando ao partido que goberna no estado español, o PP, en coordinadas fascistas e racistas como as que defente o partido neonazi Front Nacional, de Marie Le Pen.

Desde Anova, esiximos ao delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, que condene firmemente estes feitos independentemente de que se trate dun militante do PP. A xustiza ten que ser igual para tod@s e desde as institucións non se pode crear un estado de alerta permanente contra a cidadanía que se organiza para protestar contra o que consideramos inxusto e vanalizar os insultos racistas e agresións físicas e verbais que as propias leis, as cales ten que cumprir e garantir o Sr. Juárez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s