AGE xúntase coa Plataforma SOS Sanidade Pública de Ourense

IMAG0984

A deputada de Alternativa Galega de Esquerda tivo, na tarde do xoves 8 de maio, unha xuntanza con respresentante de SOS Sanidade Pública de Ourense

A xuntanza abordou a preocupante situación sanitaria da provincia de Ourense en xeral e centrouse na privatización dos servizos.

Desde a Plataforma transmitiron que o volume de desmantelamento dos servizos avanza a gran velocidade. Non se cobren facultativos nin sequera en casos de xubilación, o goberno do PP elimina varios especialistas, dimitiron multitude de cargos intermedios polos desacordos coas regresivas políticas do Partido Popular de desmantelamento da Sanidade Pública.

A día de hoxe hai soamente a metade de contratación de persoal que había o ano pasado. Ante isto preguntámonos como se pode dar a mesma calidade asistencial como promete Feijoo que está a acontecer. Unha vez máis os datos desmenten os idílicos discursos do presidente.

A preocupación polo contrato do servizo integran que agrupa os servizos de mantemento, vixilancia, limpeza, suministros,… centrou o encontro xa que é un contrato que vincula a construción do novo edificio do Complexo Hospitalario de Ourense e que, por estar involucrada a financiación europea, pode perigar debido ás chapuzas do PP co contrato que foi revogado polo Tribunal Económico Administrativo Central. A construción do novo edificio do CHUOU está en perigo pola escolla da financiación privada que a Xunta se empeña en aplicar a este novo edificio. A día de hoxe ningunha empresa os puxo e, a Xunta do PP, por una decisión política négase a poñer cartos públicos. O resultado pode ser catastrófico pois, por unha cuestión ideolóxica, ponse en perigo por unha cuestión de índole ideolóxica neoliberal.

Tamén se falou do inminente peche do PAC do Nóvoa Santos que será substituído polo centro de saúde do Couto nunha sorte de suma cero asistencial que trasladará soamente os escasos recursos existentes cara a nova ubicación en lugar de ampliar o catálogo asistencial.

As listas de espera tamén tiveron o seu lugar na xuntanza xa que, coa nova lei, poderíase derivar a moitas persoas usuarias cara o sector privado. Isto foi cualificado de perverso xa que se detraerán moitos recursos da sanidade pública para pagar operacións en caros centros privados e que poderían ser utilizados para o sistema público sanitario.

Por último abordamos o estado de deterioro dos Centros de Saúde na nosa provincia. Son exemplo disto Maside, Piñor e Esgos que chegar a ter plásticos colgados para recoller a auga das pingueiras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s