Martiño Noriega: “Outra Europa DEBE SER absolutamente POSIBLE”

“Fun quen de comprobar o contraste dunha persoa como Lidia Senra, que falaba de soberanía alimentaria, mentres os tertulianos crían que o que lles impedía era beber Rioxa. Falaba de loita de clases populares, mentres os tertulianos mirábana e dicíanlle: Nós non somos clases populares!”

martiño sin permisoO coordinador de Anova e alcalde de Teo, Martiño Noriega, interveu este sábado 5 de abril nunha mesa redonda sobre A crise do proxecto europeo, dentro do Simposio Europa SinPermiso, que se celebrou en Barcelona venres mais sábado. Moderou a mesa Reinald Roca, enólogo, periodista, historiador e veterano activista do movemento obreiro barcelonés e falaron, canda Noriega; Laia Ortiz, deputada no Congreso por ICV, integrada no grupo da Esquerda Plural; Gustavo Búster, pseudónimo dun analista político madrileño membro do Consello Editorial de SinPermiso, e Ángel Ferrero, membro do Comité de Redacción de SinPermiso.

Neste vídeo, a exposición de case dezaoito minutos de Noriega, que se emitiu en directo en streaming pola web da revista SinPermiso:

Salientamos da súa intervención a frase que supuxo o broche: “O debate non está entre Europa si Europa non. O debate está en esta Europa NON. Outra Europa DEBE SER ABSOLUTAMENTE POSIBLE”.

Noriega fixo un repaso á crise do proxecto europeo “onde o milagre de poder traballar non te garante poder vivir con dignidade. Onde as peaxes contemporáneas non deixan de ser os aranceis medievais do século XXI”. Un espazo europeo que evidencia, segundo expuxo o coordinador de Anova, un déficit de lexitimidade democrática desde o momento en que os seus órganos fortes; Comisión, BCE; non son escollidos democraticamente e teñen importantes ausencias nas garantías de control político. “O capital internacional está a operar no espazo europeo para dobregar os pobos e finiquitar o estado de benestar, froito da loita no pasado das clases populares. Ese concepto que empezamos a recuperar”, sentenciou.

A “Galiza, o país do que vimos”, explicou Noriega, aniquiláronnos o sector primario, impedíronnos a construción civil naval, golpeáronnos forte na pesca. En definitiva, Europa impediunos facer o que sabemos facer”. “Por iso, continuou, falamos de poñer o país na internacional dos agredidos do sur de Europa como pobo e como cidadanía. Por iso, presentamos (para entrar ao Parlamento Europeo) a unha líder campesiña como Lidia Senra. Muller cunha longa traxectoria de loita, aínda que leva anos afastada da primeira liña, e que vende o que produce nun posto na praza. Neste punto, Martiño Noriega referiuse á intervención de Senra, o pasado luns 31 de marzo no programa Via V, canda un grupo de tertulianos “que todo o saben”. “Fun quen de comprobar o contraste dunha persoa como Lidia, que falaba de soberanía alimentaria, mentres os tertulianos crían que o que lles impedía era beber Rioxa. Falaba de loita de clases populares, mentres os tertulianos (catedráticos e persoas absolutamente acomodadas no país) mirábana e dicíanlle: Nós non somos clases populares! Non, non eran clases populares. Isto derivou en que un dos tertulianos escribira un artigo en La Voz de Galicia asegurando: Lidia Senra, a líder agraria que presenta Alternativa nos impide beber Rioxa en Europa! Isto provocou tamén, seguiu a narrar Noriega, que, decenas de persoas se achegarán a ela e dixéranlle que grazas por estar aí, que ela era dos seus, dos agredidos. E que no fondo, eles, non eran clases populares. Aínda, os agredidos son quen de identificarse. Iso pasou sempre no nacionalismo galego de esquerdas”, comentou.

Logo Noriega fixo fincapé en que a alianza política das esquerdas do sur de Europa é o único camiño practicable para construír unha oposición a esta ofensiva neoliberal. Unha alianza, insistiu, que ten que impulsarse do local ao global. Conciliando o dereito de autodeterminación das nacións cun programa de acción rupturista no social”. Ao fin, “un novo sentido común que impugne, sobre todo, a explotación do ser humano polo ser humano”.

Tamén fixo autocrítica ao referirse a que seguimos instalados en dinámicas curtopracistas. “Estamos a facer unha emenda á totalidade do proxecto europeo pero coa lóxica do propio sistema e hai que empezar a mover os marcos mentais”, salientou. “Estamos obrigados a rozarnos. Se ben non estamos obrigados a compartir a estación final. Debemos explorar a necesidade dao dominante, debe construírse cunhas novas regras”, alegou o coordinador nacional de Anova.

martiño sin permiso 2

Martiño Noriega: “O debate non está entre Europa si Europa non. O debate está en esta Europa NON. Outra Europa DEBE SER ABSOLUTAMENTE POSIBLE”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s