A Lei de non discriminación de LGTBI, un papel baldeiro

 

lgbt_roda

“Nós estamos en contra da aprobación desta Lei, a cal está baleira de contido, deixando ao colectivo LGTBI igual de indefenso e invisibilizado que antes”. (Manifesto no interior)

Dada a maioría absoluta do Partido Popular no Parlamento Galego, a proposición de Lei pola igualdade de trato e non discriminación de Lesbianas Gays, Transexuais, Bisexuais en Galiza, que está próxima a ser aprobada quedará baleira de contidos, transformarase nunha mera declaración de intencións e non suporá ningún avance nin conquista na loita polos dereitos do colectivo LGTBI.

Así, o PP elimina as definicións de categorías de gai, lesbiana, transexual e bisexual da Lei, desaparecen os protocolos de actuación, non se fai referencia explícita a lexislar pola igualdade da diversidade afectivo-sexual, non inclúe e desprotexe completamente ás persoas intersexuais, entre outros escándalos. O resultado e que o PP rechaza coa súa demodelora maioría absoluta as achegas aportadas polo tecido asociativo LGTBI galego e polos outros grupos políticos da cámara.

O PSdG rexistrou en xuño do 2013 unha “Proposición de Lei pola Visibilización e Non Disriminación LGTB en Galiza”.

É por isto que a Asociación Nós Mesmas, así como a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) e ANOVA, mais a Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo, impulsamos un manifesto onde protestamos polo roubo que supón esta Lei e polo escándalo que implica que Feijóo e o Partido Popular pretendan facer publicidade a costa dos nosos dereitos, nun falso intento por diferenciarse das políticas do goberno central, cando o que están a facer é exactamente o mesmo.

En palabras da membra de Nós Mesmas, Raquel Cordeiro Ferreira, “nós estamos en contra da aprobación desta Lei, a cal está baleira de contido, deixando ao colectivo LGTBI igual de indefenso e invisibilizado que antes”, así como denuncian que “o PP dificulta o traballo de colectivos como o noso facendo crer que conseguimos metas que aínda están por chegar”. Logo, o Co-Coordinador Nacional de ALEAS-EU, Noel Dopazo Vázquez, explica que “é un escándalo que non se inclúa ás persoas intersexuais na Lei” e considera “un éxito a unión de diferentes organizacións e asociacións para facer fronte a unha agresión tan descarada como esta”. Por último, Ignacio Iglesias pensa que “é unha oportunidade perdida para dotarnos dunha Lei na que se garantice un trato igualmente efectivo para todas as persoas e que seguiremos loitando até conseguilo”.

Por todo isto, as organizacións e asociacións asinantes do manifesto chaman ao resto do tecido asociativo e demais organizacións a que se sumen a este berro pola dignidade das persoas LGTBI e anuncian que haberá unha mobilización o mércores 9 de abril diante do Parlamento para protestar contra este roubo.

O manifesto pódese baixar aquí: Manifesto_lgbt.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s