Dez persoas optarán aos postos de ANOVA-IN na lista galega ás eleccións europeas

anova_vota

Rematou o proceso interno de presentación de candidatos e candidatas aos postos que Anova-Irmandade Nacionalista cubrirá na lista galega ás eleccións europeas.

Na dita lista, de cinco persoas en total, a Anova correspóndelle, amais da cabeceira da candidatura, escoller un posto máis. Neste proceso, que foi totalmente aberto e moi participativo, calquera persoa, militante ou non de Anova, tivo a posibilidade de se candidatar seguindo o procedemento regulamentario da organización.

Como resultado, estas son as persoas que presentaron en tempo e forma a súa candidatura para participar da escolla interna entre a militancia dos dous postos designados por Anova:

  1. ANA MARÍA VIDAL VIZOSO
  2. MARÍA LIDIA SENRA RODRÍGUEZ
  3. LUIS EYRÉ DIÉGUEZ
  4. XOSÉ MIGUEL B. RODRÍGUEZ
  5. EDUARDO GARCÍA SANTIAGO
  6. JULIO VILLANUEVA GONZÁLEZ
  7. DAVID BALADO ROUCO
  8. XOÁN MANUEL RODRÍGUEZ BASTIDA
  9. CARLOS LORENZO SIMÓN
  10. FRANCISCO JAVIER RIAL BARREIRO

Entre mañá luns, día 24, e o sábado día 29 de marzo, mentres se pon a estrutura do referendo en marcha, poderase desenvolver campaña de apoio a calquera das candidaturas. O domingo 30 de marzo a militancia de Anova tomará a súa decisión.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s