Anova-Irmandade Nacionalista coas Marchas da Dignidade

marchas dignidade

Anova anima ao conxunto da cidadanía agredida a participar desta mobilización polos dereitos sociais, a dignidade e a soberanía plena de todos os pobos. Pan, traballo e teito para todas e todos.

Diante do deterioro das condicións de vida da maioría social, da perda de dereitos laborais, sociais e mesmo ambientais, do aumento da pobreza e das desigualdades e do incremento da represión, á cidadanía agredida só lle cabe recorrer á mobilización permanente e a auto-organización dende abaixo contra os poderes financeiros e políticos que, coa escusa da crise, están a esnaquizar as conquistas alcanzadas ao longo de décadas de loita.

As Marchas da Dignidade, que agrupan a entidades e organizacións de carácter sindical, social, xuvenil e político do noso país, son un exemplo de resposta a esta situación. É por iso que Anova-Irmandade Nacionalista amosa o seu total apoio a todas as mobilizacións encadradas nestas Marchas, tanto ás realizadas en Galiza como ás que converxerán na marcha a Madrid do vindeiro sábado 22 de Marzo.

Animamos ao conxunto da cidadanía agredida a participar desta mobilización polos dereitos sociais, a dignidade e a soberanía plena de todos os pobos. Pan, traballo e teito para todas e todos.

Rolda de prensa en Ourense

Os colectivos e organizacións que forman parte da Plataforma en Apoio ás Marchas da Dignidade de Ourense convocan unha rolda de prensa para este xoves día 20 de marzo ás 10:30h nas escaleiras da Casa do Concello. Esta rolda de prensa terá como obxectivo a promoción, explicación e visibilización das Marchas da Dignidade na nosa cidade.

 
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s