Resultados do referendo de Anova para as alianzas das europeas

referendo anova global

No día de hoxe, 23 de febreiro de 2014, a militancia de Anova decidiu en referendo sobre as súas alianzas para as eleccións europeas de maio.

No referendo votaron 791 persoas (o 72,44% das persoas con dereito a voto).

A primeira opción, que Anova participe integrada en coalición coa esquerda federal, recibiu 380 votos (48,04%).

A opción segunda, que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas, recibiu 369 votos (46,65%).

A opción terceira, non concorrer ás eleccións, 37 votos (4,68%).

Houbo 3 votos en branco e 2 votos nulos.

O programa de Anova para Europa foi ratificado por ampla maioría cun 66% de votos a favor (ao levar o 80% de voto escrutado).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s